|
|
|
Segundo o informe 2012 da Asociación de Capital Risco en España (Ascri), no noso mercado predominan as operacións pequenas en empresas cun importe medio investido de 4,5 millóns por operación, o 60% en pemes de menos de 100 traballadores. |
|
|
A posta en marcha da polémica mina de ouro creará 1.628 postos coa construción das infraestruturas, e mantería ata 617 anuais durante a explotación, estimada nun mínimo de 8 anos. E pon de exemplo Belmonte, en Asturias, onde as rendas obtidas nalgúns fogares polo traballo na mina animaron aos donos das explotacións gandeiras a aumentar as cotas de leite. |
|
|
Un 3% máis que o ano pasado. Camareiros, persoal de aeroportos, transportistas e teleoperadores, están entre os perfís máis requiridos; pero as vacacións tamén son un foco de creación de emprego en sectores como a banca, no que se adoitan substituír ausencias de caxeiros a contables. |
|
|
Segundo o consultor Eduardo Molet, os datos de transaccións inmobiliarias rexistrados no primeiro trimestre confirman que estaríamos ante os 12 meses máis duros para o sector dende o inicio da crise. En Galicia, a compravenda de vivendas caeu un 15,4% en marzo en relación ao ano anterior. |
|
|
Os produtos xenéricos de alimentación, limpeza, cosmética e hixiene persoal son os que gozan de maior aceptación, e o 68,5% das personas consultadas asegura que selecciona o establecemento comercial no que merca en función da súa marca branca. |
|
|
Esta é a cantidade que cada español ten que tributar de máis pola evasión fiscal, un comportamento que é responsable da metade do diferencial que a presión fiscal española ten con Europa |
|
|
Tres más dos que conta. Enrique Martín Rey será un dos novos trala xunta do 28 de xuño, e os outros dous quedan polo momento vacantes “atendendo ao interese social e código de bo goberno”. O ano pasado, a construtora galega incorporou a Josep Piqué como conselleiro independente e a Guillermo da Dehesa como vogal. |
|
|
Alfonso Rueda dí que a Xunta estará “á altura das súas responsabilidades” con respecto a situación da multinacional galega, pero advirte de que agora “os que teñen que actuar de modo executivo son os administradores concursais e as entidades financeiras”. |
|
|
O ano pasado descendeu un 1,5% pero, coma acontece noutros eidos, sálvanos o mercado externo. As exportacións de cervexa nacional medraron un 25%, cun crecemento acumulado do 81% dende 2009. |
|
|
Un 12,5% máis que no exercicio anterior. Aínda así estas compras apenas supoñen o 1,4% da facturación rexistrada polo sector téxtil, se ben a cifra duplicouse en tan só dous anos. |
|
|
Segundo un informe de PwC, serán dos principais retos para o sector na vindeira década. Un exemplo da situación é que na actualidade só o 3,6% dos compoñentes se transporta por ferrocarril –un medio máis barato e menos contaminante que o trasporte por estrada–, en comparación co 18% da media europea. |
|
|
Sen embargo, continúa lonxe do promedio europeo, onde este tipo de contratos supón o 20% do emprego total. Nos Países Baixos representan a metade dos postos de traballo. |
|
|
O SCCB, Santiago de Compostela Convention Bureau, ten en axenda citas con profesionais de Alemaña, Xapón, Reino Unido, Brasil, Singapur e España: axencias de incentivo, touroperadores, asociacións, organizadoras de eventos e OPCs, que xa solicitaron manter unha reunión de traballo na IMEX, que comeza hoxe. |
|
|
A Cámara de Santiago comprométese a informar ás empresas sobre a quen dirixirse para contratar e tamén creará un sistema informativo que permita que o servizo de emprego de COGAMI teña información anticipada sobre a demanda de postos. A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade realizará a preselección de candidatos. |
|
|
Ao peche de 2012 prestaba servizo a uns 400.000 clientes con 325.000 millóns de euros. E podería repuntar un 4% este ano. |
|
|
En España, esta cifra sitúase no 77%. Máis de tres cuartas partes afirman que os líderes de negocio e outras divisións non tecnolóxicas implementan novas aplicacións sen consultarlles. |
|
|
Segundo o Informe de Publicidade e Comunicación Institucional 2012 o investimento da Administración Xeral do Estado foi de 19,8 millóns de euros. A Asociación Española de Editoriais de Publicacións Periódicas pide que a publicidade institucional se someta á Lei de Transparencia. |
|
|
Se melloran as condicións de mercado e “hai máis apetito investidor”. O obxectivo é recuperar o máximo posible para os contribuíntes. |
|
|
O concello compostelán patrocina o Premio Emprende organizado por AJE Santiago para menores de 41 anos. O primeiro premio son programas de formación de alto rendemento no Instituto de Formación Financiera e Empresarial e un de crecemento e consolidación de tres meses a través de DCM Asesores. |
|
|
A Asociación para o Progreso da Dirección e Grupo Femxa crean un portal para que os altos cargos das empresas poidan acceder aos coñecementos que precisan. |
|
|
Non obstante, o 24% acepta xubilarse máis tarde e o 12% está de acordo pero coa condición de que se establezan uns límites. O aumento da idade para retirarse tamén supón un reto para as empresas e as xeracións futuras. |
|
|
Dous de cada tres empresas mantivérona ou aumentárona en 2012 e a tendencia continúa este ano. O 25% das áreas máis externalizadas é a de servizos xerais, coma limpeza e seguridade. |
|
|
Con motivo da súa Asemblea Xeral, Aenor deu a coñecer as cifras de certificacións, que en todo o mundo chegaron case aos 45.000 certificados ao peche do pasado exercicio. |
|
|
A compañía (aínda non ten web, fundouse en abril) está promovida e participada por membros do grupo de investigación GAC da Universidade da Coruña, pola UDC e pola Fundación Barrié a través do Fondo de Ciencia. Vén de acadar o premio da primeira edición do UKTI Spain Technology Competition |
|
|
Ante a contínua presenza nos medios das alegacións e queixas de veciños e corporacións contra explotacións mineiras, insiste en que é unha actividade industrial propia de países coma Alemaña, Suecia, Estados Unidos, Canadá e Australia, compatible coa conservación do medio. |
|
|
O novo enlace permitrá conectar Galicia cos 223 destinos en 99 países do hub da compañía na cidade turca. |
|
|
A poucas persoas gústalles realizalas pero son unha fonte imprescindible para captar máis clientes se se fai de xeito axeitado. |
|
|
O medio de referencia da City londinense coida que a crecente presión do Banco de España para que as entidades adopten novas provisións en relación coa carteira de préstamos reestruturados duns 200.000 millóns de euros podería provocar un aumento da ratio de créditos dubidosos e reducir as escasas ganancias. |
|
|
A entrada en novos mercados require profesionais cunha ampla traxectoria, que acheguen experiencia e con capacidade para enfrontarse aos cambios e dificultades. |
|
|
Pero o despregue da banda ancha desenvolverá actividade e emprego en 2014. Ametic pide ao Goberno “que se molle” e se comprometa coas start-ups axudándoas a comezar. |
|
|
Achegarán financiamento e experiencia para o desenvolvemento de ideas de emprendedores. A iniciativa xurde na Rede de Investidores Privados do Círculo de Empresarios de Galicia que foi presentada esta mañá por Jesús Bahíllo, director do Círculo, e Juan Güell, en representación de Redinvest. |
|
|
As tarifas tamén descenderon en toda España respecto a maio do ano pasado, excepto en Baleares. Só en Cantabria, Madrid e Asturias os prezos se reduciron máis que na comunidade galega. |
|
|
Noruega, Emiratos Árabes e Canadá son os países que máis contratarán. Ademais, en Asia se están a abrir novas vías de internacionalización en países como Qatar ou Arabia Saudí. |
|
|
A taxa entre os homes achégase ao 30%, mentres que no caso das mulleres apenas supera o 20%. Cun índice global próximo ao 25%, España case dobra o promedio europeo do 14,5%. |
|
|
Haberá unha plataforma web coas empresas dos tres. A finalidade principal é contar cun grupo que se complemente para abordar proxectos no exterior, compartindo recursos e resultados. Os asociados non desbotan incorporar a outros clusters do sector. |
|
|
Unha das maiores webs de comercio electrónico dí que son elas, de xeito maioritario, as que mercan smartphones e accesorios no noso país. |
|
|
Aínda que en global factura 397,6 millóns de euros en 2012 -un -1,4% menos debido á caída de ingresos en Arxentina pola Lei Antitabaco- medra o negocio de apostas deportivas impulsadas polo despregue deste negocio en Galicia, xunto a Comar, e na Comunidade Valenciana. |
|
|
Galicia é a sexta comunidade autónoma en volume de cesións, co 3,41% do total movido en España. En Galicia, a provincia da Coruña acapara o 58,57% e a de Pontevedra o 28,73%. |
|
|
Álex Rovira, Mario Alonso Puig e Juan Mateo, tres dos máis recoñecidos expertos en liderado, achegan mañá a Galicia o programa de management Logra, unha iniciativa que ten por obxectivo sensibilizar, reflexionar e aprender métodos de acción no ámbito do liderado. |
|
|
A restricción do crédito bancario chega a tódolos sectores. Neste caso, ao tratarse dun negocio estacional onde o groso da facturación realízase entre maio e outubro, os establecementos recorren con frecuencia ás pólizas de crédito para o inverno. |
|
|
A tendencia neste nicio de 2013 apunta a unha consolidación das viaxes preto do lugar de residencia. A ponte das Letras Galegas augura unha ocupación do 80%, cun gasto medio de 178 euros. |
|
|
Aguas de Mondariz celebra o seu 140 aniversario cunha edición limitada de 300 botellas deseñada por Sargadelos. O novo envase foi presentado en Santiago polo conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, en directivos da empresa de augas e da de cerámica |
|
|
19 proxectos galegos xa están a ser estudados para o seu posible acceso a cartos de orixe tanto pública coma privada. |
|
|
A porcentaxe das pequenas e medianas empresas deste país está máis de 13 puntos porcentuais por baixo da media europea e aínda moito máis alonxada do índice de Alemaña, que supera o 45%. |
|
|
A Asociación de Contact Centers Española (ACE) agrupa a máis do 80% das empresas do sector e puxo hoxe estas cifras de facturación e postos de traballo sobre a mesa. |
|
|
A Feira Internacional de Turismo Termal xa cobre 18 países de catro continentes. As incorporacións reforzan máis o carácter internacional da próxima edición que se celebrará en Ourense, capital termal, entre o 20 e o 22 de setembro de 2013. |
|
|
Di que restan posibilidades de consumo e investimento mentres que é partidario de acometer algún axuste máis no mercado laboral. Pero Rajoy asegura que o Goberno está moi satisfeito co funcionamento da reforma e que non ten ningunha intención de cambiala. |
|
|
Durante a última xornada do 6º Congreso Internacional de Xóvenes Empresarios que se celebra en Vigo, instaron ás admnistracións a que se impliquen máis naqueles pequenos proxectos que demostran o potencial e o talento dos mozos galegos. |
|
|
O 42% elixirá o grao por vocación e un 35% en función das saídas, segundo un estudo da consultora Círculo Formación realizado a máis de 13.100 mozos entre todos os que acudiron (uns 27.000) ao Salón de Orientación Universitaria Unitour 2012-2013, celebrado en 24 cidades españolas, cinco italianas, catro alemás, dous portuguesas e Andorra. |
|
|
O Goberno aproba hoxe a nova lei de Cámaras de Comercio, que fixa o tan solicitado novo marco de financiamento apoiado, básicamente, na prestación de servizos, polo que se ampliará o abano dos que poden prestar. Competirán coas confederacións empresariais e terán encomendas de xestión. |
|
|
Sexa porque non hai traballo onde ir ou porque se traballa máis dende casa, a tendencia é esta. En marzo baixaron os usuarios con respecto a hai un ano un 11%, cifra similar no resto do Estado, cunha baixada do 9% de media. E non só no bus urbán: nos trens de cercanías e media distancia, nos avións de rutas internas e nos metros. Só se salva a longa distancia en tren. |
|
|
Os convenios sectoriais, os acordos de empresa e individuais, ou as regulacións colectivas son algúns medios cos que o empresario pode conseguir obxectivos en canto a distribución horaria, polivalencia funcional, estrutura salarial ou mobilidade xeográfica. |
|
|
Están dirixidas a familias e empresas das zonas máis illadas de Galicia que non dispoñen de acceso de banda larga, de cand menos 2 Mbps, mediante outra tecnoloxía, e con elas sufragaranse ata 150 euros dos gastos de instalación e o equipamento no interior das vivendas ou das empresas. |
|
|
O Clúster Galego Textil Moda (COINTEGA) e a Cámara Nacional da Industria do Vestido de México (CANAINVES), asinan un protocolo de colaboración no país americano que prioriza a procura de investidores e franquiados para o desenvolvemento das empresas galegas alí. |
|
|
Eso alo menos dí un estudo un estudo publicado por Dow Jones VentureSource e a Universidade do Estado de California: que as compañías nas que existe unha maior proporción de mulleres no consello directivo teñen máis posibilidades de triunfar que as que teñen menos. Polo seu xeito de dirixir, máis participativo e directo. |
|
|
Un 60% no aforro dos seus máis de 100.000 usuarios e un 20% nos préstamos concedidos no 2012, en contraste cos datos negativos de boa parte da banca convencional, cun prestixio baixo mínimos. Esta banca non concede préstamos persoais nin de consumo, pero facilita o crédito a entidades e proxectos sen ánimo de lucro. |
|
|
A fibra de pizarra, un material único que permite realizar pezas para obras de enxeñaría civil, automoción, medicina ou material deportivo, foi un dos compostos presentados nun showroom organizado polo Centro de Excelencia de Vigo, que congregou a máis de medio cento de persoas. |
|
|
Son os que máis axustaron os prezos á situación, rebaixándoos un 17%, ata os 51,21 euros por habitación e noite, moi lonxe dos 83,41 euros que custa pernoctar de media nos hoteis cataláns. |
|
|
As vacacións, a moda e o mantemento do fogar son as principais actividades nas que gastan os ciudadáns cando contan cun dinero extra, que cada vez é menos. Así, relegados quedan numerosos artículos relacionados coa cultura. |
|
|
Encherá de volumes a Praza Maior na súa 31ª edición despois de ser un éxito nas celebradas en Ferrol e Santiago. Estará aberta ata o domingo 19 de maio e nela participarán dez librarías. |
|
|
O que comezou coma un rumor consolídase. Os proxecto da joint venture tomará como referencia o modelo de éxito de Porto Venecia, en Zaragoza, inagurado hai un ano seguindo un concepto pioneiro no sector: o shopping resort. |
|
|
A maioría están dispostas a cambiar a un operador que poida resolver este problema e ofrecer servizos de mobilidade adicionais. |
|
|
O queixo elaborado pola luguesa Quecrem recibíu a máxima calificación do xurado internacional Taste & Quality Institute, formado por membros das 14 institucións culinarias máis prestixiosas de Europa. |
|
|
En España os medicamentos chegan ás oficinas de farmacia prácticamente na súa totalidade a través dos maioristas distribuidores. E os cinco primeiros distribuidores copan o 61% do mercado. É precisamente neste sector no que a empresa de software conseguiu incrementar presenza, facturación e clientes co seu programa LIBRA. |
|
|
O número de emprendedores en España aumenta por segundo mes consecutivo: concretamente en 11.915 novos autónomos durante o pasado mes, e hai comunidades que rexistran resultados positivos xa desde principios de ano. |
|
|
A Eurocidade presentou hoxe a súa nova imaxe corporativa, un logotipo que pretende identificar aos cidadáns deste territorio co proxecto que se está a construír entre as dúas cidades fronteirizas. |
|
|
O incremento nas vendas ao estranxeiro mellora a situación actual do sector e amplía as posibilidades de negocio. O sector medrou as súas transaccións fóra de España un 8,9% o pasado ano, segundo o Consello Intertéxtil Español. |
|
|
Máis de 20 centros da rede acollen cursos con motivo do Día de Internet, que se celebra o vindeiro 17 de maio. Cemit, presente en 94 concellos galegos e con máis de 21.000 usuarios rexistrados, ofrece formación dixital gratuíta a cidadáns e empresas. |
|
|
Así o sinala o informe Doing Businees 2013 do Banco Mundial, que sitúa a este país no lugar 44 da clasificación da facilidade para facer negocios en 185 países, co que baixa dous postos respecto a 2012. |
|
|
Case o 50% do emprego directo xerado por este sistema correspóndese a postos de traballo en plantas de tratamento. Andalucía, Madrid e Cataluña son as comunidades autónomas onde máis empreg directo se xera. |
|
|
Tomando como exemplo o caso de Universal Music, Antonio Díaz Morales -director da Nebrija Business School- impartirá unha conferencia este xoves 9 de maio, de 18 a 19.30 na Cámara da Coruña, para explicar cómo facelo. |
|
|
Antonio Catalán e Carlos Barrabés destacan entre os relatores dun evento que se celebra xoves e venres no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo, e que será inaugurado polo alcalde, Abel Caballero. |
|
|
Son os datos desta mañá do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, que sitúan o total de parados en 290.459. |
|
|
As asesorías de empresas son máis optimistas sobre a evolución do seu negocio que sobre a economía en xeral, segundo unha enquisa realizada a 1.250 despachos profesionais de toda España. O 47% pensa que mellorarán as perspectivas de crecemento para os traballadores por conta propia. |
|
|
A firma ourensá de marron glacé recollerá por segundo ano consecutivo o Diploma de Prata pola súa pasta de castaña elaborada en Xapón baixo un método exclusivo e coa materia prima galega. O seu creador, José posada, faleceu hai apenas tres meses. |
|
|
A marca elixiu ao máximo medallista olímpico español “polos vínculos e valores que o deportista comparte coa empresa”. A campaña, que durará catro meses, é exclusiva para o mercado galego. |
|
|
A Cámara de Comercio de Santiago organiza a partir de mañá sábado e ata o 9 de maio unha misión comercial directa a Israel onde van empresas galegas da construción, alimentación e téxtil. As nosas exportación ao país aumentaron o seu valor en máis dun 62% en 2012 nun país moi similar ao noso. |
|
|
Estes cursos, que se desenvolverán entre os meses de maio e decembro, permiten aos seus alumnos o acceso a un certificado de profesinalidade, titulación válida en todo o territorio nacional que acredita determinadas competencias profesionais. |
|
|
Entre as novidades figura o non establecemento de límites temporais ás fundacións para saír do capital dos seus bancos filiais. E declara incompatible ser patrono dunha fundación cun cargo equivalente na entidade participada. |
|
|
O Clúster do Produto Gráfico e do Libro celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria presentando o seu plan de actuación 2013, que ten como eixos centrais a innovación, o aumento da competitividade e a internacionalización. |
|
|
A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos asegura que se desexa de verdade promocionar a actividade de novos profesionais tamén deberíase voltar ao tipo reducido nas retencións do 7%. |
|
|
10 millóns de euros faranlle propietario do 51% das accións. A previsión é que a petroleira e os accionistas de Barreras achéguenos conxuntamente e semella a garantía definitiva para a construcción dos floteis. A petroleira quere tamén destinar o mantemento doutros barcos da súa flota aos estaleiros galegos. |
|
|
Para ese ano se terán creados neste país catro millóns de novos postos de traballo que requerirán unha alta cualificación, entrarán no mercado laboral 2,1 millóns de novos talentos e recuperaranse 500.000 desempregados con talento, pero tamén se perderán uns 540.000 que se xubilarán, segundo o informe Into the Gap de Randstand |
|
|
O presidente de Banesto formou parte do bloque crítico do consello coa xestión de Manuel Fernández de Sousa, e dimite un día despois de que a firma presente un recurso de reposición contra o auto polo que se apartaba da xestión da compañía ao consello de administración. |
|
|
Os ingresos en España e Portugal caeron un 10,8%, pero os do exterior subiron un 13,8% máis, ata 41,8 millóns de euros, destacando o bo comportamento en México e Xapón e as vendas de internet, que medran case un 400%. Pero podería pechar tendas no noso país. |
|
|
O grupo Formato Verde, con sede na Tecnópole, vén de ser galardoado co Adesign Award de deseño industrial polo seu colector Big Bin. O contedor, fabricado integramente con pezas procedentes de empresas galegas, foi premiado na categoría de mobiliario urbán pola calidade técnica e unha solución construtiva non existente no mercado. |
|
|
Foron 11.617 novos traballadores en toda España de marzo de 2012 a marzo de 2013. Malia a falta de crédito e a caída do consumo. |
|
|
A compañía vén de incrementar a capacidade produtiva da súa fábrica de Nová Baña (Eslovaquia) e abriu un novo centro de distribución e loxística en Rumanía. O grupo factura o 70% da súa produción anual de aluminio en países de Centroeuropa. |
|
|
Alugalo completo conta con máis protección legal, pero facelo por habitacións ten máis garantía de cobro. |
|
|
O 77% non augura síntomas de crecemento para este ano e o paro continúa sendo a maior preocupación. Reclama captar investimento estranxeiro, mellorar o sistema educativo e crear novos nichos de emprego. |
|
|
O 1.87% das emitidas en 2012 fórono en formato electrónico, porcentaxe que sobe ao 3% no caso das recibidas. |
|
|
Con 2.925,5 incidencias de accidentes con baixa durante a xornada por cada 100.000 traballadores, a galega é a quinta comunidade autónoma cunha taxa máis alta, superada polas Illas Baleares, Asturias, Castela-A Mancha e Canarias. |
|
|
Está por diante do prezo, tanto para mercar coma para lugar. O proceso comeza seleccionando a ubicación e despois búscase piso na zona. Os homes priorizan que a vivenda estea preto do lugar de traballo, mentres que as mulleres que se sitúe nun núcleo urbán. |
|
|
Dez empresas galegas dos sectores de madeira, naval, alimentación, viño, frío industrial e produtos químicos buscan o seu nicho nunha misión comercial ao país lusófono organizada pola Cámara da Coruña. Hai marcas introducidas, como Estrella Galicia. |
|
|
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, espera “que se acerte" co administrador concursal designado pola Comisión Nacional do Mercado de Valores que tomará as rendas de empresa galega. |
|
|
O gasto dos turistas estranxeiros aumenta un 8,4%; e por estas datas, Canarias e Cataluña son as que máis pastel levan. Os alemáns deixaron 1.561 millóns de euros, o 16,8% do total. Seguíronlles británicos, con 1.526 millóns; os procedentes de países nórdicos, con 1.374 millóns; e franceses, con 960 millóns. |
|
|
Máis de 100 profesionais participarán no seminario que se celebrará esta tarde no Centro Demostrador TIC, no que expertos na xestión económica financeira da empresa mostrarán os aspectos que se deben ter en conta á hora de niciar unha nova actividade económica. |
|
|
A XXXII edición, que se reinventa coa biblioteca infantil, casetas máis dinámicas ou o maior número de actividades para nenos, será inaugurada ás 13.00 horas cun monólogo a cargo do actor Carlos Blanco, que substitúe ao tradicional pregón. |
|
|
Está xusto detrás das grandes comunidades autónomas (Madrid, Cataluña, País Vaco e Andalucía) e xunto a Valencia e Aragón. Pero existe unha gran diferenza entre as provincias do interior e as atlánticas. En 2011, por exemplo, en Galicia rexistráronse un total de 2.701 marcas e 332 patentes. |
|
|
Bustillo aproveitou a reunión para comentar que, a viaxe oficial que realizará o presidente de Uruguai, José Múgica, a España en maio, incluirá unha visita a Galicia para manter tamén un encontro con empresarios. |
|
|
Hai fontes que atribúen a destitución a discrepancias co Concello de Ferrol pola súa xestión na área urbanística. Pero movíase en augas revoltas dende había meses por cuestións de índole máis persoal. Substitúeno o concelleiro ferrolán José Manuel Vilariño Anca. |
|
|
A marca de auga premium recibíu o premio Grand Gold que otorga o Instituto de Calidades Monde Selection, o que leva aparellado ademais o recoñecemento do produto galego co Trofeo Internacional de Alta Calidade que se entregará o 31 de maio en Estocolmo. |
|
|
Transparencia, independencia, integridade, respecto, compromiso, libre competencia, cualificación, creación de valor, confidencialidade, garantías de calidade, e innovación. A iniciativa, inédita a nivel mundial, marca unhas normas éticas en canto a protocolos de actuación e reforza a credibilidade da franquía en España. |
|
|
O movemento HTM (Faino ti mesmo) trasládase ao mercado. Hai empresas creadas en torno a este concepto, nado da necesidade de aforrar, que provén de produtos e instalacións para que o usuario pase de consumidor a creador. |
|
|
Os anunciantes españois recortárono un 17,7% durante o primeiro trimestre deste ano, o primeiro dos últimos nove no que a caída é menor que o anterior. A televisión foi o medio que menos ocupación perde, o resto diminúe a ocupación publicitaria por riba dos dous díxitos. |
|
|
Representantes de tódolos comités de empresa reúnense hoxe coa dirección en Madrid para seguir coas negociacións sobre o plan de competitividade laboral proposto polo grupo pasteiro. Pero a folga convocada, que inclúe á planta de Pontevedra, segue en pé. |
|
|
Moitos consumidores pregúntanse se nun futuro próximo só se mercará a través de ordenadores e dispositivos móbis e será o fin das compras nas tendas físicas. Pero non parece así. Os usuarios buscan información local sobre as ofertas das tendas que teñen cerca. |
|
|
A rutina, e a necesidade de obter resultados tanxibles a curto prazo fan que os empresarios esquezan a importancia que ten a creatividade para diferenciarse da súa competencia. Máis de medio cento deles asistiron onte a unha xornada organizada polo Centro de Excelencia de Vigo para compartir experiencias. |
|
|
“É un fito para nós, colócanos un paso por diante dos nosos competidores. As probas que imos realizar non poderían efectuarse en ámbitos reais nin en laboratorios ou centros de investigación convencionais", apunta Byron Ortiz, xefe de enxeñaría de software e responsable do proxecto da empresa compostelá. |
|
|
Nesta edición participan un total de 22 executivos galegos de 15 empresas. O programa desenvolverase todos os venres dende abril a novembro no Hotel Los Abetos de Santiago de Compostela. |
|
|
Sitúase nos niveis que rexistraba en 2004, segundo a sociedade de tasación Tinsa. Pero Lugo (-16%) e Ourense (-18,3%) son das provincias que menos baixaron os prezos, alleas tamén ás subidas fóra de lóxica. É máis, Fomento dí que no primeiro trimestre do ano o prezo da vivenda libre medrou Galicia un 0,9%. |
|
|
O presidente da patronal do sector augura que o compromiso da Administración por igualar as condicións nas que compiten no mercado europeo disparará a internacionalización das pemes.Pese a que o sector TIC foi dos menos afectados pola crise económica, precisa estímulos para xerar vantaxes que permitan competir. |
|
|
O 71% dispón de ordenador, o 72% conta con teléfono móbil, o 65% ten acceso a Internet, pero só o 25% xestiona unha web corporativa. A peme inviste en tecnoloxía a pesar da situación económica. |
|
|
Os viaxeiros aloxados durante o pasado marzo nos hoteis galegos medraron un 16% con respecto ao mesmo mes de 2012. E baixaron os prezos un 2,6% fronte á baixada de 0,1 puntos rexistrada a nivel nacional. |
|
|
Xerar unha imaxe de organización atractiva para captar aos mellores profesionais. Para iso é fundamental coñecer os factores que máis valora a xente dunha empresa: para os españois son a seguridade laboral (30%) e que a compañía estea saneada a nivel financeiro (19%). |
|
|
O avogado Joaquín Yvancos - que presentou unha querela criminal contra o consello de Pescanova, a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) e a auditoria BDO en nome dos accionistas minoritarios da compañía- considera que hai motivos para que o presidente da multinacional pesqueira “acabe cos seus ósos no cárcere”. |
|
|
Séguenlle entre as baixas Ourense e San Sebastián (3,1% en ambos casos), Santander (3,2%) e Lugo (3,3%). Mercar unha vivenda para alugala en Madrid ou Barcelona brinda unha rentabilidade dun 4% de media. |
|
|
É a cantidade que a Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos calcula que o colectivo adianta a Facenda este primeiro trimestre. Malia que o Goberno anunciou que a partir do 2014 cambiara o sistema de tributación, ATA pide que dada a situación, cunha falta de liquidez extrema e onde as propias administracións son debedoras, se poña en marcha canto antes. |
|
|
Para realizar unha correcta planificación financeiracómpre comezar por cuestións básicas como o impacto que conlevará estar en situación temporal de desemprego para a economía familiar, e saber optimizar os recursos de que se dispón. |
|
|
O presidente da entidade, Eduardo Barros, consciente do calado que pode acadar a crise da multinacional asentada en Chapela, dentro da demarcación cameral, move ficha. A agrupación está dotada con economistas e avogados e prestará apoio a quen acoda á entidade, ou se poñan en contacto no enderezo afectadospescanova@camarapontevedra.com. |
|
|
A empresa das deseñadoras Uxía e María Domínguez, sobriñas de Adolfo Domínguez, inaugura o mércores 24 nova tenda en Madrid no centro comercial Castellana 200. Mañá abre en París e vén de estrear a terceira en Londres. Entre os seus pretendentes podería estar un dos investidores máis renomeados da industria da moda: L Capital, brazo do xigante do luxo LVMH. |
|
|
Un estudo realizado pola consultora tecnolóxica IDC e dado a coñecer onte na CEO revela que o incremento de sociedades que optaron pola computación na nube foi do 93% respecto ao ano anterior. |
|
|
As previsións do Instituto da Economía Mundial para este ano sitúan a España como o segundo país da UE con maior taxa de desemprego, só superado por Grecia cun 29,3%. |
|
|
|