Publicidade

Ourense Termal


NOVEMBRO 2017


Contidos

Actualidade

O catedrático de Xeografía Física da USC Augusto Pérez Alberti, viaxará á Antártida

18 dec 2017 0

Como membro do grupo Ambiosol irá xunto con investigadores de España, Portugal, Francia e Reino Unido nunha nova campaña do proxecto Cronoantar. De finais de xaneiro a marzo farán traballos de campo para estudar a evolución glaciar nas illas King George, Livingston e Decepción, e estudar o preocupante retroceso das masas xeadas.



Queda moito monte galego por certificar

18 dec 2017 0

Case 15.000 propietarios galegos suman 157.000 hectáreas certificadas que contrastas coas 250.000 catalanas con só 1.600 propietarios ou aínda máis: as 287.000 hectáreas navarras co selo PEFC de tan só 408 propietarios. A constatación do noso minifundismo.



Na entrevista está a clave

18 dec 2017 0

O 63% das compañías considera este encontro persoal o factor determinante para contratar a un empregado. Reflictir unha posición segura, elegante e decidida, e adoptar un discurso elocuente son os principais elementos que cómpre ter en conta nunha entrevista.



O 45% dos xornalistas autónomos cobra menos de 1.000 euros ao mes

15 dec 2017 0

Un de cada catro xornalistas xa é autónomo, máis presentes en medios nativos dixitais e revistas de papel. Os salarios e as condicións son algo mellores no eido da comunicación ca no xornalismo clásico.



Campo aberto

15 dec 2017 0

O Consorcio Aeronáutico Galego celebrou onte unha xornada para falar do potencial empresarial aoredor dos drons –un mercado por medrar aínda- anunciando a celebración do II Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial de Galicia o 21 de marzo de 2018 en Vigo.



O futuro do sector marítimo

15 dec 2017 0

A Aceleradora Océano Azul, o Igape e a Fundación Incyde entregaron onte os diplomas aos participantes no programa de Creación e Consolidación de Empresas de Base Tecnolóxica Marítima que se desenvolveu en Ferrol.



Publicidade

...