

Visita dominical do presidente de Sentury, Qin Long, á espera de que a planta de pneumáticos comeze obras este ano
27 mar 2023 0
Os 750 empregos directos que xeraría a multinacional na zona de As Pontes son máis que benvidos. Alfonso Rueda reuníase onte para falar de cómo vai avanzada a tramitación dun dos catro proxectos industriais declarados estratéxicos polo Goberno galego. O máis probable é que a finais deste verán o proceso estea listo para que poidan arrincar as obras.

A alumnado da USC fará prácticas en empresas da Área Empresarial do Tambre
27 mar 2023 0
Na selección valoraranse os méritos académicos, tendo prioridade no proceso as prácticas curriculares sobre as extracurriculares. Os horarios deberán ser compatibles coa actividade académica e cada estudante terá un titor ou titora do seu centro e outro da empresa na que realice as prácticas, que emitirá un informe final.

Un rapaz de Xinzo gaña o concurso de deseño da camiseta oficial de Galiciencia 2023
27 mar 2023 0
O astronauta pensativo sobre a lúa de Manuel Ángel Díaz Rodríguez, que fai sexto de Primaria no CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia (Ourense), encantoulle ao xurado de Galiciencia, a maior feira científica que Galicia que este ano volve en maio á Tecnópole de Ourense.

María Landeira, nueva presidenta del Centro Tecnológico EnergyLab
24 mar 2023 0
María Landeira Suárez, delegada de Desarrollo de Renovables en Galicia de Naturgy, acaba de asumir el cargo de nueva presidenta del Centro Tecnológico EnergyLab sustituyendo a Julio Gonzalo García.

Declaración da renda: que é o IRPF e cando se presenta?
24 mar 2023 0
O martes 11 de abril comezará a campaña de declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas de 2022. A Axencia Estatal de Administración Tributaria informa dos distintos servizos para asistir aos contribuíntes no cumprimento desta obrigación.

Pacientes de 86 nacionalidades pasaron polo Departamento Internacional de HM Hospitales en Santiago de Compostela
24 mar 2023 0
Estados Unidos volveu encabezar o número de pacientes estranxeiros. O 18,5% das persoas tratadas nos Hospitais HM Rosaleda e HM La Esperanza o pasado ano proviñan dese país, moi por riba de México (6,35%), A Arxentina (5,11%), Italia (4,42%) e Alemaña e Colombia, con algo máis do 4,1% cada unha. Pero entre as 86 nacionalidades hai países tan remotos como Corea do Sur, Nixeria, Iraq, Irán, Omán, Benín, Myanmar ou Usbequistán.

No camiño dunha silvicultura activa
05 xan 2023 0
Adaptativa e de proximidade aliméntase do principio de quilómetro “0” na obtención de recursos naturais de alto valor acordado no Pacto Verde da UE. E en liña coa primeira revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040. O ano pasado repartironse máis de 10 millóns de euros na nosa Comunidade para fomentala, sobre todo a montes veciñais en man común; e hai novas axudas.

Unha recreación virtual de Galicia permitirá xestionar datos do territorio
04 xan 2023 0
Está feita sobre unha base cartográfica con datos reais procedentes de sensores, o que permitirá a empresas e administracións facer simulacións e probas e mellorar a prestación de servizos coa Intelixencia Artificial. As principais aplicacións terán que ver coas actividades agrarias, a mobilidade interurbana e a xestión de infraestruturas rurais.

Loxística e transporte, o sector que espera facturar máis en 2023
04 xan 2023 0
A cifra da suba como media en toda España será de case un 25%, segundo o “Informe de orzamentos IT 2022 e estimación 2023” levado a cabo por LiceoTIC Training. Isto tradúcese en maior emprego, é o sector que máis vai aumentar persoal. Galicia sitúase no 6º posto do PIB nacional xerado.

O drama dos accidentes mortais, que medran na construción
04 xan 2023 0
Este sector lidera a lista con máis sinistros en 2022, só en Galicia nestas últimas semanas houbo varios. Entre xaneiro e outubro de 2022, segundo o Ministerio de Traballo e faltando por recoller os datos de novembro e decembro, houbo en España 129 accidentes mortais, un 28% máis que hai un ano.

A coruñesa Pinexports sube a súa facturación o 200%
03 xan 2023 0
Nada en 2018 tras levar en 2017 un premio o empredemento, está especializada na produción internacional de produtos téxtiles, industriais e retail, traballan como unha axencia de fabricación a medida e baixo demanda. Román Sánchez é CEO e director de Operacións da empresa cuxa nova plataforma en liña Exhale é clave no éxito.

A ocupación hostaleira en Galicia segue batendo récords
03 xan 2023 0
Por primeira vez son superadas as 12 millóns de noites de xaneiro a novembro con preto de 6,3 millóns de visitantes aloxados e hoteis, pensións, apartamentos turísticos, cámpings, casas de turismo rural e albergues. Estamos ante os mellores datos da serie histórica. O 25% dos visitantes son de fóra de España.

A investigadora da USC Laura Rubio Lareu evidencia que o 70% dos cosméticos “permanentes” son fraudulentos
02 xan 2023 0
Na súa tese desenvolveu novos métodos de análise coas que amosa que a maioría dos que teñen características "extremas" —maquillaxes de longa duración, resistentes á auga ou de elevada permanencia,— non cumpren coa lexislación vixente. A moi ampla gama de ingredientes nas formulacións (incluíndo materiais pesados), e a presenza de impurezas son riscos para a saúde.

Mañá abre o prazo das axudas “Investigo” para contratar a profesionais menores de 30
02 xan 2023 0
Son 9,1 millóns de euros, malia que moitos deles irán a organismos públicos ou subvencionados con estes cartos como universidades públicas, centros tecnolóxicos e entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro. Pero tamén a empresas que estean a investir en investigación e innovación e parques científicos.

As matriculacións de turismos e todoterreos caen un 5,4% en 2022
02 xan 2023 0
As dificultades no transporte aos concesionarios provocaron que miles ficasen parados atrasando as entregas. A maiores foi un ano complicado pola guerra en Ucraína, o aumento de custos enerxéticos e carburantes, inflación e tipos de interese, todo condiciona. Son as vendas de vehículos industriais, autobuses, autocares e microbuses, cun aumento do 13,8, o único que medra.

O novo centro de investigación de Mestrelab Research traballará o eido farmacéutico e biotecnolóxico
30 dec 2022 0
Estará na contorna do Campus Vida da USC e mobilizará 9,8 millóns de euros. A spin off da USC -que desde 2018 pertence á multinacional Bruker Inc-, comprométese a contratar a un mínimo de 30 investigadores e tres persoas de apoio á xestión antes de finalizar os investimentos en 2025.

Máis de 22 millóns de euros para o Centro Galego de Protonterapia de tratamento do cancro
30 dec 2022 0
Estará en Santiago e ofrecerá un dos sistemas máis avanzados atendendo a pacientes de Galicia, Asturias e Castela e León. A protonterapia trata tumores de difícil acceso reducindo moito a duración dos procesos e evitando os efectos secundarios doutras terapias, ao ser moi precisa. Detrás disto tamén están os 280 millóns que achegou a Fundación Amancio Ortega.

Os aloxamentos rurais de Galicia e País Vasco, os mellor puntuados
29 dec 2022 0
Teñen un 4,7 sobre 5 segundo o IX Barómetro do Turismo Rural en España que vén de saír. Iso non quere dicir que sexan os máis reservados, a proximidade a Madrid ou Barcelona xoga a favor doutras zonas. Cataluña lidera a clasificación de CCAA máis demandadas co 23,7% de reservas e séguenlle Castela e León co 12,5%.

As empresas coruñesas miran a 2023 con prudencia
29 dec 2022 0
Son moderadamente optimistas no que ten que ver co aumento da súa cifra de negocio, vendas interiores, xeración de emprego e investimentos e cunha visión máis prudente co nivel de confianza fronte ás exportacións. Os retos: custos laborais, enerxía e materias primas, escaseza de persoal cualificado ou interrupción das cadeas de subministración.

Sae á luz o Plan Estratéxico da Conserva 2022-2030 con 80 medidas
28 dec 2022 0
Elaborado polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar e Anfaco-Cecopesca, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a Conselleira do Mar, Rosa Quintana; presentaron esta mañá en Vigo esta folla de roteiro. Vai actuar en sete eixos: financiamento, produción, comercialización, exportación, I +D+ i, emprego e reputación social. Financiouse con 61.839 €.

Abre o novo Polo de Emprendemento e apoio ao emprego Rías Altas e Arco Ártabro
28 dec 2022 0
A oficina que hoxe se estrea é a quinta desta Rede. Está en Ferrol, no Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño (CIS), e prestará asesoramento a 40 concellos da contorna. Estes espazos ata o de agora axudaron a desenvolver 91 proxectos a maior parte no eido de industrias manufactureiras (16%), agricultura, gandería, silvicultura e pesca (15%), e actividades artísticas e recreativas (15%).

Carnes e pescados, cada vez máis luxo
27 dec 2022 0
Para axudar en algo a levar unha inflación sen precedentes recentes, e durante seis meses, o IVE superreducido dos alimentos pasa do 4% ao 0%. E o IVE reducido para certos produtos baixa do 10% ao 5%, como aceite e pasta. Pero mantéñense no 10% carnes, peixes, conservas, alimentos preparados, auga embotellada, iogures e café.

A Oficina de Promoción Tecnolóxico-Industrial da Cámara coruñesa estará a comezos de 2023
27 dec 2022 0
Ante a progresiva perda de peso do sector secundario fronte a un sector terciario que foi gañando protagonismo, chega para captar investimento tecnolóxico e industrial, principalmente en Industria 4.0. O padroado da Fundación aprobou a Memoria de Actuación, os orzamentos e está a pecharse o proceso de selección do xerente.

O programa piloto Es-Mentoring crea unha rede de máis de 50 persoas mentoras na economía social
26 dec 2022 0
18 cooperativas e 2 asociacións no sector da discapacidade participaron nel. Hoxe celebrouse en Santiago de Compostela a presentación dos resultados dun proxecto creado por EspazoCoop, AGACA e a Consellería de Promoción do Emprego.

Xosé Antón Cascudo gaña o Premio Ramón Piñeiro 2022
26 dec 2022 0
Lévao polo seu ensaio "A mística en Mad Men". Cascudo naceu en Guitiriz en 1976 e exerce como profesor de Xornalismo na USC, ademais de ser poeta e director de documentais. Licenciado en Historia da Arte é tamén doutor en Filosofía e un recoñecido estudoso galego no eido audiovisual.

Facendo piña
23 dec 2022 0
Nove universidades europeas situadas nas chamadas rexións periféricas de Europa -entre elas a Universidade da Coruña-, únense en EMERGE (European Margins Engaging for Regional and Global Empowerment). A idea é poñer en marcha proxectos bilaterais e multilaterais e concorrer xuntas a convocatorias de financiamento. Pero hai máis.

Qué é a Alianza Industrial H2 Verde?
23 dec 2022 0
A suma de 700 asociacións e empresas galegas (alianza público-privada) que busca aproveitar as condicións favorables que temos para producir o hidróxeno verde (consíguese mediante electrólise da auga). E vén de nacer. Coñecemento e experiencia compartida para xerar pegada industrial.

As catro tendencias que marcarán a xestión dos RRHH en 2023
23 dec 2022 0
Gran parte da transformación neste eido vén relacionada co modelo de traballo, máis flexible á hora de encaixar horarios e equipos e os desafíos evidentes que iso supón para a empresa. Fálase moito de traballo asíncrono e de semana laboral de catro días. Sube o coworking e o teletraballo será unha opción, pero minoritaria.

Traballo en equipo para conseguir mellor uso da auga na industria alimentaria
22 dec 2022 0
No proxecto NEXADA, que finaliza en abril de 2023, participan a Agrupación industrial Alimentaria de Galicia (Clusaga, que coordina), Catalan Water Partnership (CWP) e a Asociación de Industrias de Coñecemento e Tecnoloxía Aplicada de Euskadi (GAIA).

O Ministerio de Transportes di que non á conexión do tren a Bouzas
22 dec 2022 0
A esperada reunión do grupo de traballo sobre a Saída Sur de Vigo convocada onte polo Ministerio de Raquel Sánchez foi un xarro de auga fría para o tecido económico do sur galego. “Desatende á UE e á Comunidade Portuaria de Vigo e aparca a conexión, será a única terminal galega e das poucas europeas sen conexión ferroviaria”.