Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

“O noso proxecto de empresa é un proxecto de vida”



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 06 DE XULLO DE 2017 · (0)




Roberto Cabeceira é socio de Xeométrica, unha empresa pontevedresa de enxeñaría que dá resposta a un amplo abano de nichos profesionais que xorden ao abrigo das novas tecnoloxías. Con el falamos no número deste mes dentro dunha reportaxe adicada a novos emprendedores. 

Cantos sodes en Xeométrica?

Xuntámonos catro socios, cada un dun sector e roldamos os 40: somos novos pero o fomos máis. Entre marzo e setembro de 2015 estivemos desenvolvendo a idea de negocio nun local dun centro de negocios. E por aí empezamos.

Foi rápido?

A idea tivo unha evolución vertixinosa. Queriamos ofrecer medición tridimensional de precisión e centrámonos sobre todo en documentación xeométrica do patrimonio arquitectónico cultural. Cando empezamos ninguén apostaba polo patrimonio. Arriscámonos pero é máis bonito, é un debuxo artesanal aínda que sexa dixital, gozamos do noso traballo.

Entendo que o principal cliente é público…

Si, é a administración. Aínda que non é un servizo caro as empresas do sector manexan orzamentos axustados e non hai moita marxe. Quizais as nosas técnicas tampouco se poden xeneralizar para a documentar calquera patrimonio senón para o que teña un interese especial, que mereza o gasto. Podemos documentar con posibilidades case infinitas, dende un percorrido low cost ata estruturas inaccesibles.

Son caros os vosos equipos? Foi o maior investimento?

Si, son equipos de medición industrial moi caros. Non só mercalos senón mantelos coas súas revisións e calibracións. Os equipos informáticos tampouco son, digamos, “normais”. Nin o software.

Con quen estades traballando agora?

Co Concello e a Deputación de Pontevedra, pero estamos a abrirnos a toda Galicia: traballamos en Santa Eulalia de Bóveda, en San Martín Pinario, na Torre de Xinzo de Limia e estamos no Pazo Trasalba. Posiblemente vaiamos ao Pazo de Raxoi aínda que economicamente non é unha panacea é unha gran satisfacción e fas cousas que son valoradas e respectadas.

(Extracto da reportaxe que se pode ler completa no número 314 – xullo 2017)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)