Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

En marcha un novo portal galego de adopcións



PUBLICADO O 24 DE NOVEMBRO DE 2010 · (0)




Galicia é a segunda autonomía de todo o Estado en poñer en funcionamento esta iniciativa, que permitirá tamén a xestión telemática, xa que a través do portal poderase descargar diversa documentación necesaria para iniciar o proceso.

A ferramenta telemática inclúe, ademais da información de todo o proceso, os países nos que se poden adoptar e as entidades colaboradoras acreditadas en Galicia, bibliografía, e incluso unha guía práctica para saber onde obter a documentación necesaria e onde dirixir a solicitude segundo as características dos solicitantes. Tamén se proporciona acceso a un apartado de novas, así como ás páxinas web de organismos oficiais e internacionais e asociacións relacionadas con este tema, tanto en Galicia como nos países de orixe dos posibles menores a adoptar.

Ademais, as persoas solicitantes dunha adopción e tamén aqueles que xa a realizaran terán acceso actualizado en calquera momento ao seu expediente.

GUÍA INTERACTIVA

Unha das novidades salientables deste portal de adopcións inclúe unha guía interactiva a través da que os usuarios poden facer unha simulación para coñecer, segundo as súas características, os países onde poden solicitar a adopción, así como os requisitos que se piden en cada un dos casos.

A finalidade da web é manter a adopción como unha vía idónea para garantir aos menores unha familia na que se poidan desenvolver nunhas condicións óptimas de benestar. Neste sentido, a Xunta de Galicia está a poñer en marcha diversas actuacións para garantir os dereitos dos menores, como a nova Lei de Impulso á Familia e á Convivencia, que está a piques de iniciar a súa tramitación parlamentaria, ou a creación do Consello Galego das Familias e do Observatorio Galego da Familia e da Infancia.

DATOS DE ADOPCIÓNS

Durante o primeiro semestre de 2010 en Galicia formalizáronse preto de 160 adopcións, se se teñen en conta os autos de adopción nacionais (25) e as pre asignacións internacionais (132). Ademais, hai que ter en conta que das 34 propostas de adopcións realizadas neste período, 11 foron de recen nacidos.

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Familia e Benestar, recibiu durante este período de tempo un total de 279 solicitudes de adopcións nacionais e internacionais.

Por países, a maior parte das pre asignacións corresponderon a adopcións de nenos e nenas de Etiopía (46 solicitudes); de Vietnam (27); de China (21); e de Colombia (15). Con todo, tamén se xestionaron expedientes de rapaces e rapazas de Kazajstán, Nepal, Ucraína, Rusia, Hungría, Filipinas ou Bulgaria.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)