Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Sen concerto



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 14 DE SETEMBRO DE 2017 · (0)




Aínda que a maioría dos colexios privados se nutren de diñeiro público dende 1985, segue habendo centros educativos financiados exclusivamente co que pagan as familias cada mes. Algúns pecharon, outros levan décadas traballando e hai novas cooperativas que defenden o seu propio xeito de educar. Aproveitamos o inicio de curso para coñecer algúns deles.

A pesar do que algúns cren os concertos non son un invento “da dereita”. Naceron no apoxeo do primeiro goberno socialista, en 1985, dez anos antes da transferencia de competencias ás comunidades como un xeito áxil para universalizar a educación pública. Como non había os colexios necesarios –con moitos máis nenos que agora– nin diñeiro para ilos levantando, tirouse dos centros privados aos que se decidiu pagarlles os salarios dos docentes e outros gastos a cambio de que se integrasen no sistema público. 

Un éxito?

Hoxe a rede concertada en España educa a uns dous millóns de alumnos e emprega a 130.000 profesores en 3.500 centros. E nos últimos anos viviu un repunte xa que a LOMCE privilexia a elección de colexio por parte das familias. Así que o resultado destas decisión políticas combinadas no tempo é que España está entre os países de Europa con máis educación concertada: só 68% dos alumnos acode a un centro público, a media en Europa é do 81%. E case o 80% dos colexios privados recibe fondos públicos, segundo os datos do Ministerio de Educación, mentres a escola pública perde unidades: entre o curso 2011-2012 e o 2014-2015 minguou en 69 centros de primaria e 80 de secundaria.

A Confederación Española de Centros de Ensino (CECE) sostén que os concertos supoñen un aforro pero outros estudos din que ao final o gasto das familias é maior na concertada que na pública, en parte polo copago encuberto, co cal se paga vía impostos e vía privada.

A subida galega

Este agosto a Xunta facía pública a renovación dos concertos educativos para 2017-2018, e aumentan en 21 as unidades concertadas na educación galega que dan clase a 86.000 estudantes. Así que cada vez hai menos centros 100% privados como os que aquí listamos: en España só o 3% dos estudantes acode a un dos que se pagan integramente con moito ou pouco esforzo parental, depende do que se coza en cada casa.

E iso que investigadores da Universidade de Arizona, tras seguir a un grupo de rapaces que pasaron polas aulas de centros privados dende a infancia ata a Universidade e comparalos cos que estudaron en centros públicos, descubriron que as mozas eran tres veces máis propensas a ter adiccións e os mozos tiñan o dobre de posibilidades en comparación cos de colexios públicos. Por que? Porque de entrada teñen máis diñeiro para gastar, e de saída, máis presión por obter resultados acordes co que se paga por aprenderlles. Non é sinxelo saber que será o mellor.

No número deste mes coñecemos algúns dos principais centros educativos privados de Galicia. […]

(Extracto da reportaxe que se pode ler completa no número 316 – setembro 2017)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)