Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Peixe 4.0



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE XANEIRO DE 2018 · (0)




O Porto de Vigo teno claro: investir 3,5 millóns en ter a que será –polo de agora– a única lonxa 4.0 do mundo é un acerto. Os cambios iranse implantando en dous ou tres anos e o máis probable é que, despois de afeitos, os usuarios se pregunten como se daban apañado antes.

Lonxa de altura para peixes de medio mundo, lonxa de grandes peces para atúns, espadas, marraxos e quenllas que comparte espazo coa de baixura –para aproveitar o escaso chan que hai nos peiraos–, lonxa de litoral para a pesca da costa galaico-portuguesa, lonxa de extracción e lonxa interactiva para a poxa nas plataformas dixitais. Estas son as que hai no Porto de Vigo.

Sumemos catro dársenas cos seus peiraos, edificios para armadores, locais de elaborados e oficinas para facérmonos unha idea da vida que hai nunhas das zona pesqueiras máis importantes de España, onde se moven máis de 4.500 persoas diariamente. E que en breve contará cunha lonxa ben deseñada e aproveitada que será a envexa de moitos pescadores e maioristas.

Para non errar o tiro, ao longo dun 2018 a piques de comezar empezarán a probarse os primeiros sistemas, que foron deseñados polos técnicos do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, que traballan a vinte minutos en coche dos peiraos. Eles fixeron unha análise da lonxa polo miúdo falando coa xente que nela traballa todos os días, anotando deficiencias e propoñendo melloras aproveitando o que saben facer pero adaptándose a esta realidade. Tras un ano escaso de traballo téñeno claro.

Que cambios haberá. Basicamente unha informatización total cunha ferramenta para asignar espazos que organizará a descarga automatizada do peixe, mesas de rodetes e un novo sistema de videovixilancia IP. Tamén se mellorarán os sistemas de refrixeración con cortiñas de aire en zonas con porta e, para aforrar nunha das infraestruturas que máis consume, substituiranse as luminarias por LEDS e haberá enerxías renovables. Deseñaranse espazos de traballo máis cómodos para quen os usa, e novas embalaxes. Máis ca un lavado de cara, cirurxía.

(Extracto da reportaxe publicada no número 319 – decembro 2017)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)