Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O galego “creou ambiente” nos principais festivais deste verán



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)




Que o galego sexa a lingua da mocidade é un dos obxectivos do novo Plan de dinamización da lingua galega na mocidade que está a deseñar a Xunta a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. E para levar a lingua á mocidade nada mellor que os festivais de música.

campaña de verán “O galego crea ambiente” da Secretaría Xeral de Política Lingüística promocionou a lingua e deu a coñecer o novo plan de dinamización que está a deseñar a Administración autonómica nos festivais adheridos a FEST Galicia.

Un total de oito citas desde o 6 de xullo ata o 15 de setembro para recordar que a lingua é un dos alicerces do desenvolvemento sustentable. “Forma parte do noso patrimonio, xunto coa cultura, a paisaxe ou a biodiversidade. Un patrimonio que cómpre coñecer e valorar, transmitíndoo e dándolle vida co uso”, destaca Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Linguüística.

Os obxectivos desta iniciativa son promover a reflexión sobre o valor da lingua galega, promover o seu uso entre a xente nova, dar a coñecer o Plan de dinamización da lingua galega na mocidade e converter os máis novos en protagonistas e copartícipes del. Para iso botouse man do cómico Víctor Grande, encargado de dinamizar a campaña baixo o lema “Relaciónate co medio dun xeito responsable. Relaciónate en galego”.

Aproveitando os stands de Agadic nos festivais de FEST Galicia, o público asistente recibiu información sobre o Plan de dinamización da lingua galega na mocidade que están elaborando a Secretaría Xeral de Política Lingü.stica e a Dirección Xuventude, Participación e Voluntariado. Paralelamente, pedíuselles ás mozas e mozos que participasen na construción do propio plan achegando ideas ou suxestións de actuacións que poidan favorecer o uso da lingua galega entre a xente nova.

Plan de dinamización da lingua galega na mocidade

Estas achegas sumaranse ás feitas meses atrás por diversos axentes e institucións co fin de facer un Plan “de todos e todas”, un documento de referencia “afastado de intereses políticos, partidistas, ideolóxicos ou de calquera outro tipo”, que aglutine ao groso da mocidade galega arredor dun obxectivo: “o uso do galego en todos os ámbitos da vida cotiá”. Así o explicaba na presentación das bases do plan o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, quen facía un chamamento á participación de toda a sociedade “co fin de crear unha folla de ruta realista e útil, que permita coordinar e facer máis efectivas as accións” para lograr incrementar o uso do galego por parte da mocidade.

As previsión da Secretaría Xeral de Política Lingüística son que o Plan estea aprobado a finais deste ano 2018, unha vez que o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e o Parlamento de Galicia coñezan o texto do documento. De aí a importancia deste proceso inicial no que “todas as persoas e as organizacións interesadas puideron realizar as súas contribucións”, explica o secretario xeral, Valentín García.

(Extracto da reportaxe publicada no número 328 – setembro 2018)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)