Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Dez casas "dez"



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 30 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)




Sexa polo cariño posto na decoración, polo coidadas que están, pola súa arquitectura ou polas atencións dos propietarios, hai casas rurais que teñen unha indubidable personalidade e que namoran. Chega o outono e apetece ir a elas coas amizades, a parella ou a familia. Aquí facemos unha escolla dalgunhas das moitas que existen por toda a comunidade.

MUIÑOS DO MAINZOSO. Paderne (A Coruña) 

A parella de mozos propietarios, soubeo recuperar e decorar este caserón ata conseguir un lugar do que pouco apetece saír. Con esas miudezas e detalles que os fan especiais, as casas son luminosas e moi acolledoras pero a contorna é tamén espectacular dentro dunha gran leira de dúas hectáreas rodeada de bosque. A privacidade dos hóspedes está garantida malia estar a só 4 quilómetros de Betanzos, vila que merece sempre unha visita…

TORRE DE LAXE. Laxe (A Coruña)

Un dos complexos hostaleiros rurais máis impresionantes de Galicia para celebracións e o único hotel rústico de 3 estrelas da Costa da Morte.casa principal está catalogada por Patrimonio de Galicia. Restaurada en 2010 a leira de 13.000 m2 ofrece vistas á ría de Corme e Laxe, as habitacións están decorados con mobles dos séculos XVIII e XIX e con calefacción por chan radiante. Algunhas ofrecen bañeira de hidromasaxe e balcón…

CASA DO ZULEIROBrión de Arriba (A Coruña)

Ao sur da provincia, rodeada da Serra de Outes, a súa sauna e a bañeira de hidromasaxe son un 'plus'.  A casa está decorada con gusto e as habitacións son moi cómodas e espazosas… Cun coqueto xardín, no restaurante Lucinda e José Manuel serven comida tradicional con reserva. Hai excursións ás dunas de Corrubedo…

CASA PEÓN DE PARDACESPardaces de Arriba (A Coruña)

Fina e Manolo ensinan, a quen queira, os animais e ata regalan ovos e torta. Estamos nunha estupenda casa de labranza do s. XVII ás portas de Compostela… O edificio foi totalmente rehabilitado como aloxamento rural en 2014 e ten dúas dependencias independentes: a casa principal cunha capacidade e 10 persoas, e un estudo para catro…

CASA DO CEBROFigueiras  (A Coruña)

Non é raro verse sorprendido por unha torta, refrescos, viño, queixos, marmelo ou ovos frescos como benvida. María José abriron en 2012 unha casa de 140 m2 en dúas plantas… Hai preparadas rutas moi preto para percorrer en coche ou andando, con multitude de posibilidades.

MOLINO CATASOL. Melide (A Coruña)

O río dálle personalidade e alma a esta acolledora casa con acougo e contacto íntimo coa natureza… O muíño restaurado mantense como o orixinal e está no mesmo salón que, como toda a casa, asoma á auga. Hai xardín con mobles, zona de aparcadoiro, xogos, berces e admite mascotas. Os donos deixan leña para a cheminea aínda que hai calefacción…

OS TRES TEIXOSFoz (Lugo)

Ofrecen gratis infusións e cafés na saliña de entrada e, a maiores, hai servizo de bebidas para gozar no xardín, no comedor ou para subir á habitación. Sérvese cada mañá un almorzo con zume natural e froita fresca pero as ceas son un dos puntos fortes de Manuela e Juan Carlos, os donos e encargados de asegurar que todo estea en orde…Está a 30 minutos en coche da praia das Catedrais e a 30 km do parque natural de Souto da Retorta.

CAS DO MESTREA Lama (Pontevedra)

Esta antiga escola rural ten máis de 200 anos de antigüidade e conserva todo o tipismo da arquitectura tradicional xa que non foi restaurada nin tocada ata a finais de 2004. Hai dúas vivendas… Gozar da cheminea con frío e da piscina no verán é un gusto. Patricia e Enrique coidan de que non falte de nada nuns espazos acolledores e cheos de vida.

ECOHOTEL NÓSSilleda (Pontevedra)

O edificio construíuse entre os anos 1912 e 1915 e na restauración empregáronse só madeira e pedra orixinais. Nunha leira de 6.000 metros cadrados a dous km de Silleda, ofrece 6 cuartos dobres… Ten vinoteca salón-biblioteca con cheminea, parking cuberto, cancha de tenis, frontón e baloncesto, ximnasio e fermosísimos recunchos en zonas verdes…

A CASA DE ALICIA. Ribadumia (Pontevedra)

Quizáis das máis coñecidas por ser a escollida polo ex-presidente Rajoy para as vacacións de 2016… Con dúas plantas os donos optaron por unha decoración clásica e atemporal… Salón con cheminea, madeira nos chans, dúas terrazas e ata dúas bicis para nenos… polos arredores sempre hai animais e a cinco minutos está Moraña e o seu cordeiro ao espeto. Por certo, os donos xa estenderon o negocio abrindo, a apenas dous minutos, A casa da Pereira.

(Extracto da reportaxe publicada no número 329 - outubro 2018)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)