Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

“Comunicación e política son sinónimos”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 22 DE FEBREIRO DE 2019 · (0)




Así o asegurou Manuel Baltar no Cumio mundial de Comunicación Política. O presidente da Deputación de Ourense e da rede europea de gobernos provinciais de Europa foi convidado a expoñer neste importante foro a súa visión sobre a comunicación política baseada na máxima interacción cidadá e na importancia “da planificación, a  previsibilidade e a transparencia”.

Manuel Baltar analizou no Cumio Mundial de Comunicación Política a súa experiencia nas responsabilidades internacionais que desenvolve en diversos foros, como Partenalia (a rede europea de gobernos provinciais), a Confederación Europea de Poderes Locais Intermedios ou a asociación termal europea EHTTA, “plataformas que permiten potenciar a realidade local facendo visible na Unión Europea o traballo e as necesidades do ámbito rural”. O presidente provincial aproveitou unha vez máis a ocasión para defender “o papel protagonista que deben ter os gobernos provinciais como vertebradores do territorio”.

Neste sentido, destacou o “fito histórico” que supón que a UE recoñeza por primeira vez a unha provincia como destinatario das axudas comunitarias, algo “que debemos saber transmitir con claridade, sinxeleza e eficacia, porque falamos da comunicación do benestar, posiblemente o aspecto máis importante de información e diálogo entre administración e cidadanía”, afirmou Manuel Baltar.

“Hai que ser e estar”

Pero a intervención do presidente ourensán centrouse no tema central do cumio: o papel que xoga a comunicación no ámbito político. Baltar indicou que “comunicación e política son sinónimos” nun mundo no que “a mensaxe globalizada debe convivir co local” e onde “a credibilidade dos políticos gáñase trasladando en positivo á cidadanía os proxectos para un territorio”. Por iso asegurou que a clave do éxito é sinxela: “Hai que ser e estar”, unha “ecuación” que engloba “compromiso, eficacia, dedicación e resultados, á que hai que unir a plena dedicación para que o tempo que dedicas aos teus veciños e aos proxectos sexa o máximo posible”.

Precisamente esta é a fórmula que aplicou na campaña “Creo en Ourense” deseñada por el para as eleccións municipais de 2015 e a primeira no seu ámbito orientada a un candidato para presidir un goberno provincial. Un traballo que plasmou o consultor en comunicación política Eladio Jardón no seu libro Claves de una campaña única, premiado cun Napolitan Victory Award, o galardón máis prestixioso do mundo en consultoría política.

(Extracto da reportaxe que sairá no número 334 - marzo 2019)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)