Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Que queremos?



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 12 DE MARZO DE 2019 · (0)




Tras estudar o voluble consumidor que somos, confírmase que o atractivo das grandes superficies non é o de antes, ben pola compra online ou porque volve apetecer o centro da cidade. En Galicia temos algunhas nun momento baixo mentres outras anuncian aperturas. Non hai lei escrita, pero dependendo da xestión e do tipo de oferta, hainas con futuro.

Segundo datos da Asociación Española de Centros Comerciais (AECC), Galicia é a rexión con máis metros cadrados de superficies comerciais por habitante. Na comarca da Coruña hai case 20 de distintos tamaños para menos de 250.000 habitantes. Dá igual. A AECC xa confirmou que Breogán Park substituirá ao Dolce Vita –o flamante centro comercial de Agrela pechado en 2014 tras a apertura de Marineda– na primavera do 2021. Pelayo Capital, o seu grupo investidor, decidiu que vale a pena investir nel 60 millóns de euros.

En Pontevedra nin hai nin se esperan grandes centros, o goberno local defende o comercio a pé de rúa. En Estados Unidos cadeas de cinemas e MediaMarkt volven abrir nos centros das cidades. Como Inditexque concentra as tendas favoritas no corazón das urbes e leva meses pechando locais en áreas grandes.

Con todo Vigo vive, ao contrario, unha explosión; arroupado polo proxecto sectorial de 2018 para a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares (PTL) que desenvolve Zona Franca e que xunto ao novo Centro Vialia e o parque comercial Recaré en Bembrive vai triplicar a superficie de grandes áreas comerciais de aquí a 2020. Os actuais centros de Gran Vía, Travesía de Vigo, A Laxe, Camelias, Praza Elíptica e o Parque Comercial Meixoeiro suman unha superficie bruta alquilable de 111.000 metros cadrados –con locais baleiros– mentres que os tres proxectos pendentes de executar a curto prazo porán no mercado outros 245.219 m2. Ao parecer, o Consorcio Zona Franca asegura ter unha auténtica avalancha de peticións de grandes marcas que queren instalarse.

(Extracto da reportaxe publicada no número 333 - febreiro 2019)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)