Publicidade

R xullo 2020


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Historia viva



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 11 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)




Temos museos de Ciencias Naturais, con ricos téxtiles, coleccións de fundacións e empresas xunto a doazóns particulares; espazos a maior gloria do viño, do xoguete ou para descubrir a riqueza do mar. Pero esta é unha escolma dos galegos que atesouran máis anacos do pasado: militares, arqueolóxicos, catedralicios e de Belas ArtesImprescindible visitalos se queremos coñecérmonos.

Uns 1.103 millóns de euros. Eso é o que, traducido en cartos, representa sector da Cultura en Galicia, en torno ao 2 % por cento do noso Produto Interior Bruto segundo o Consello da Cultura Galega. Estas cifras dan para que uns 30.500 profesionais -datos da EPA-, vivan mellor ou peor vinculados á arte, aos museos e ás bibliotecas aínda que con moitos altibaixos de emprego, salvo se son funcionarios.

Pero na maioría dos casos exercen de autónomos ou micropemes contratados con facturacións pequenas e prezo por hora de traballo baixo, segundo o informe de hai dous anos Diagnose da Cultura GalegaAínda así as empresas culturais aumentan de xeito constante dende 2014. A Memoria de Actividades de Cultura 2017 (a última publicada) constata, de feito, que cada vez hai máis usuarios que se pasan por bibliotecas e museos polo que hai máis actividades que ofrecer, e que os 13 centros museísticos xestionados pola Consellería de Cultura incrementaron máis dun 12 % os visitantes.

Claro que non todos os que hai en Galicia os xestiona a Consellería, malia que formen parte do Sistema Galego de Museos hainos responsabilidade do Ministerio de Defensa, de Deputacións, da Igrexa, de concellos ou con xestións mixtas.

O soño dun arqueólogo afeccionado

Se é dos que anda na procura de restos do pasado ou o azar levouno a atopar unha xoia histórica, debe saber que a Lei de Patrominio Cultural galega de 2016 especifica que no caso tanto de traballar nunha escavación arqueolóxica como de achados fortuítos cómpre “entregar os obxectos no museo, colección visitable, institución ou centro de carácter museístico autorizados (…) En ningún caso se aplicará o dereito a premio polo achado de restos materiais”. Dito isto, o Título VIII recolle canta lexislación relativa aos museos aplícase en Galicia.

Poñamos que ten o legado suficiente para tentar abrir o seu, non poderá facelo sen o visto e prace da Consellería. E se non lle dá para tanto pero si que ten cartos dabondo para ser un patrocinador, a mesma lei específica que “cando o patrocinio comporte a promoción do nome, marca ou imaxe do patrocinador, deberá ser compatible co carácter artístico ou histórico, o aspecto e o decoro do ben cultural” 

Con sorte, ademais de ver o seu nome ou a súa empresa en letras enormes, poderá recibir o título de “protector do patrimonio cultural de Galicia”. Ata o de agora deserto, pero aí queda. Vexamos agora qué museos galegos atesouran dos mellores achados do noso pasado.

  • MUSEO NAVAL DE FERROL

  • EXPONAV (FERROL)

  • MUSEO ARQUEOLOXICO E HISTÓRICO DE A CORUÑA

  • MUSEO HISTÓRICO-MILITAR DE A CORUÑA

  • MUSEO DE BELAS ARTES DE A CORUÑA

  • MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

  • MUSEO DIOCESANO E CATEDRALICIO DE LUG

  • MUSEO DA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

  • MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS (SANTIAGO)

  • MUSEO CATEDRALICO DE OURENSE

  • MUSEO ARQUEOLÓXICO PROVINCIAL DE OURENSE

  • CASA DA NAVEGACIÓN (BAIONA)

(Extracto da reportaxe publicada no número 341 - outubro 2019)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)