Publicidade

Noite da enxeñaría en informática de Galicia


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A nosa riquísima toponimia, a man



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE FEBREIRO DE 2020 · (0)




Unha plataforma web e a aplicación colaborativa Galicia Nomeada permiten recoller a microtoponimia, rexistrala, xeorreferenciala e difundila dende o Portal de Toponimia de Galicia grazas a un traballo conxunto de Amtega e a RAG. E no que pode participar quen queira.

Esta acción certamente pioneira favorece a salvagarda, compilación e divulgación do tesouro toponímico de Galicia, “un caso singular sen comparanza en Europa en variedade, antigüidade e densidade de denominacións por km2. Un terzo das entidades de poboación de España están aquí, o que explica a nosa vizosa macrotoponimia”, recordou o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, na presentación feita o 20 de decembro. A iniciativa enmárcase na Memoria Dixital de Galicia, estratexia pública para consolidar un fondo dixitalizado do patrimonio cultural co financiamento do Geopard, dende o do programa Interreg.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia en colaboración coa Real Academia Galega son os grandes organizadores pero, ao ter a aplicación colaborativa, é tamén unha iniciativa aberta que implica a toda a sociedade. Calquera persoa pode participar de forma activa para enriquecer datos.

Un gran equipo. Tanto os traballos de elaboración de Galicia Nomeada como os de actualización doPortal de Toponimia de Galicia –acceso á fonte única e normalizada de referencia para a Administración pública e a cartografía de Galicia, e o Nomenclátor– enmárcanse nun acordo asinado entre as consellerías de Cultura e Turismo, Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Amtega. Na presentación do proxecto Vicente Feijoo, técnico da RAG, salientou “a estreita colaboración da RAG e o gran traballo feito pola Amtega para desenvolver ferramentas que permiten que o galego funcione como unha lingua tecnolóxica”. Con el participaron no acto o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; o director do Instituto de Estudos do Territorio, Guillermo Ramón Evia; a directora de Amtega, Mar Pereira e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.

O novo Portal de Toponimia de Galicia. A referencia para a toponimia oficial galega reúne preto de 480.000 topónimos recompilados e actualízase para ofrecer tres novidades principais: Detrás do nomeO Seminario de Onomástica responde e Sabías que. Novos contidos, información e recursos de microtoponimia e fraseoloxía. Alén disto, o buscador encabeza a web onde atopar información actualizada referente á lexislación e un novo inventario de publicacións sobre o tema. Tamén permite descargar a toponimia rexistrada por municipios. Ademais os usuarios terán na sección Colaborainformación sobre a aplicación Galicia Nomeada, e manuais e vídeos explicativos sobre o funcionamento. E en Novidades móstrase tamén o traballo das persoas e colectivos que participan neste gran proxecto cultural.

(Extracto da reportaxe publicada no número 344 – xaneiro 2020)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)