Publicidade

Noite da enxeñaría en informática de Galicia


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

12-X: eleccións autonómicas en Galicia



TERESA ROCAMONDE · PUBLICADO O 03 DE XULLO DE 2020 · (0)




Parece que finalmente o 12 de xullo as galegas e galegos acudirán a votar o próximo goberno autonómico, nunha cita atípica tanto por ser a primeira vez que se 'reprograma' tras a suspensión da mesma o 5 de abril como polas especiais circunstancias nas que teremos que acudir ao colexios electorais nesta nova normalidade. 

O 12 de xullo están chamados a votar 2.697.315 galegos e galegas, 2.190 menos que na convocatoria frustrada o pasado 5 de abril pola irrupción da pandemia do coronavirus e a activación do estado de alarma. Tanto Galicia como País Vasco tiveron que suspender a cita que celebrarán este mes nunha situación excepcional e atípica, como se pode comprobar xa nos actos de campaña e precampaña.

En total preséntanse ás eleccións galegas 56 candidaturas, unha máis que as previstas para o 5-A pero dúas menos que na conv ocatoria de 2016. Para coñecer as propostas das principais forzas –as que arestora teñen representación no Parlamento galego– entrevistamos os seus candidatos e candidatas á Presidencia da Xunta de Galicia cun cuestionario común que poden ler no número deste mes da revista ECO e que iremos publicando tamén nesta edición dixital ao longo da próxima semana. 

  • Pancho Casal, Marea Galeguista
  • Antón Gómez-Reino, Galicia en Común - Anova Mareas
  • Ana Pontón, BNG
  • Gonzalo Caballero, PSdeG-PSOE
  • Alberto Núñez Feijóo, PP


Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)