Publicidade

ragc.gal_premios_transferencia_gal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia Calidade incorpora oito novas empresas do sector da alimentación



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE OUTUBRO DE 2020 · (0)




Leite Río, Conservas del Noroeste, Gran Bazán, Finca Millara, Viña Costeira, a Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, Freshcut e os responsables de Pementos Carmucha, súmanse ás máis de 135 empresas galegas que contan co distintivo de garantía. Ademais o hotel O xardín de Xuliaúnese á plataforma Lecer.

Sempre é bo momento para enxalzar os produtos de proximidade, pero contar cun distintivo que garante a súa calidade nun momento tan complicado como o que estamos a vivir, supón un estímulo para seguir traballando, competindo e ofrecendo o mellor. Isto é o que veñen de conseguir catro novas empresas galegas do sector da alimentación que se incorporan a Galicia Calidade: o Grupo Leche Río, Conservas del Noroeste e as adegas Gran Bazán e Finca Millara.

Os produtos das catro empresas galegas foron incorporados polo selo de garantía tras superaren os controis de calidade realizados pola entidade pública dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, que continúa co seu labor de certificación das empresas máis representativas do sector alimentario galego.

No ámbito do sector lácteo, son xa tres as empresas punteiras que contan co distintivo: Feiraco, Larsa e agora o Grupo Leche tanto para as marcas Leite Río como para Leyma. No ámbito da conserva Galicia Calidade incorpora Conservas del Noroeste, que conta como marca máis coñecida con Cabo de Peñas. A nova compañía súmase a outras que xa contaban co selo, como Jealsa e Luís Escurís Batalla, en peixe, e Conservas A Rosaleira no mundo vexetal.

Ampla difusión no sector vitivinícola

Sen dúbida, a gran calidade dos viños galegos déixase notar na ampla variedade de marcas avaladas polo selo galego. Actualmente os viños de 18 adegas están xa amparados por Galicia Calidade, onde están presentes as cinco denominacións de orixe da comunidade. Na D.O. Rías Baixas, coa chegada de Gran Bazán, son xa oito as adegas certificadas: Adega dos Eidos, Adega Valdés, Terra de Asorei, Altos de Torona, Paco & Lola, Señorío de Rubiós e Valtea. Na Ribeira Sacra, Finca Millara súmase a Regina Viarum e Vía Romana. Ademais, a D.O. Valdeorras conta con tres adegas, A Coroa, Ruchel e Terriña; Monterrei suma dúas adegas, Gargalo e Quinta do Buble; e o Ribeiro coa recente incorporación de Viña Costeira suma dúas adegas xunto a Bodegas Nairoa.

Máis de 135 empresas e 400 produtos

Estas novas adhesións súmanse a outras de renome incorporadas recentemente como Viña Costeira, a Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia –que acadou licenza de garantía para o berberecho comercializado coa marca colectiva 'Berberecho de Noia. Rías Gallegas. Pesca Artesanal'–; Freshcut que a conseguiu para os purés de froita que comercializa coa marca ‘Galifresh’, e 'Pementos Carmucha', a marca de pementos de Herbón de José Manuel Ferro Lago.

Así mesmo, Galicia Calidade sumou novos produtos certificados de empresas que xa contaban co selo de garantía, como Coren, que ampliou o alcance da licenza para os produtos cárnicos, os iogures e leites fermentados de Larsa, o leite de marca Clesa de Feiraco e diferentes modalidades de conservas de Rianxeira. No sector vitivinícola, ampliaron as súas licenzas Quinta do Buble (Oímbra), Regina Viarum (Sober) e Bodegas Altos de Torona (O Rosal).

E no sector da hostalería, sumáronse a plataforma Galicia Calidade Lecer o hotel de deseño compostelán O xardín de Xulia, propiedade da empresa O Curro Bed & Food, que contaba xa con dous establecementos integrados na plataforma: o restaurante O Curro da Parra e o hotel Pazo de Altamira.

Galicia Calidade conta na actualidade con máis de 400 produtos certificados de máis de 135 empresas galegas, entre as que destacan as do sector alimentario e do turístico – hoteis, restaurantes, casas rurais e clubs náuticos– que suman case o 90 % do total.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)