Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Adeus á primeira agrónomo de Galicia



GONZALO FERNáNDEZ · PUBLICADO O 11 DE MARZO DE 2021 · (1)




María Luisa Pérez-Soba y Baró, considerada a primeira muller enxeñeiro agrónomo de Galicia, faleceu o pasado 8 de febreiro aos 90 anos de idade, deixando nesta terra os resultados dunha dilatada actividade, que se desenvolveu a través de numerosos estudos e proxectos levados a cabo en catro décadas de exercicio profesional.

Aínda que non naceu en Galicia, “Marisina”, como era coñecida esta muller pio- neira, con apenas uns meses converteríase nuha galega máis cando aínda non se proclamara a II República en España. A finais de 1930 o seu pai, Antonio Pérez-Soba, daquela comandante do Exército Español, foi destinado á Coruña para facerse car- go da Brigada Obrera e Topográfica de Estado Maior, na súa Comisión Xeográfica de Galicia. Así, dende moi cativa respirou os aires do agro galego que, anos despois espertarían a súa vocación agronómica.

Nada en Burgos cando esta cidade celebraba as súas festas máis grandes, as de San Pedro e San Pablo, o 29 de xuño de 1930, María Luisa tampouco procedía dunha familia de orixe ga- lego. O seu pai, que acadaría o máis alto cargo militar –o de teniente xeneral–, nacera en Madrid a principios do século XX, e a súa nai, María Luisa Baró Morón, nunha casa forestal da Serra de Cazorla (Xaén). Alí fora destinado Fernando Baró Zorrilla como enxeñeiro de Montes, o avó de “Marisina”, de quen sempre dixo que lle axudara moito na súa época de estudante na Escola de Enxeñeiros Agrónomos.

A vida de María Luisa transcorreu case na súa totalidade en Ga- licia: primeiro na Coruña, onde estudou Primaria no Colexio San Xosé-Nais Xosefinas e o Bacharelato no Colexio do Sagrado Co- razón de Placeres (Pontevedra), onde fora matriculada ao per- der á súa nai á temperá idade de 12 anos. Na Coruña nacerían ademais os seus tres irmáns: Antonio, Fernando e María del Pilar, os dous maiores enxeñeiros coma ela. Tras ingresar na Escola Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Madrid, onde foi a novena dunha promoción na que, sorprendentemente, había dúas mulleres –só outras catro as precederon en toda a historia da escola– entre 56 homes, obtivo o seu título de enxeñeiro agrónomo o 11 de xuño de 1960, e anos máis tarde o doutoramento.

Marisina” casouse na igrexa que por entón había xunto á súa es- cola o 8 de novembro de 1961 e o fixo co tamén doutor enxeñeiro agrónomo Pedro Fernández Rico, quen foi condecorado en 1970 coa Encomenda da Orde ao Mérito Agrícola. Ambos exerceron a maior parte da súa profesión en Galicia: el no entón chamado Iryda (Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario) e ela en Industrias e Comercialización Agraria (ICA), áreas nas que ambos chegaron a ser xefes provinciais, e mesmo María Luisa chegou a desempeñar en funcións o cargo de delegada provincial da Con- sellería de Agricultura na Coruña. Deste matrimonio naceron tres fillos: Pedro, Álvaro e Gonzalo, pero só o mediano seguiu a voca- ción dos seus pais, aínda que apenas a exerceu.

(Reportaxe publicada no número 358 – marzo 2021)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (1)



Isabel

22 de marzo de 2021

Bo reportaxe de recoñecemento, moi mereccido