Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O difícil papel do administrador concursal



PUBLICADO O 27 DE OUTUBRO DE 2015 · (0)




Quizais sorprenda oílo pero en España hai poucos concursos de acredores. Estamos nas últimas posicións no uso deste proceso en Europa Occidental, segundo un recente estudo do Consello Xeral de Economistas: boa parte das mortes das nosas empresas realízanse de xeito desordenado e sen pasar por un procedemento de insolvencia. Enrique Bujidos, socio responsable de Reestruturacións de PwC, apunta que “pecharemos 2015 cunha cifra de concursos inferior a 5.000” cando en Alemaña, por exemplo hai de media 50.000 ao ano. E en Estados Unidos, millóns de suspensións de pagos declaradas.

Cando iniciar o proceso?

  “A lei di que, se durante máis de dous meses unha sociedade non é quen de facerse cargo das súas obrigas de pago, entra en concurso de acredores”, explica a ECO José A. Canalejas Couceiro, economista, auditor de contas e socio de NW Auditores. Tamén hai concursos de persoas físicas, pero o habitual é que sexan sociedades. “O procedemento iníciase cunha aceptación ante o xulgado e, a partir de aí contactas cos xestores e cos distintos interlocutores que hai na empresa”. Os administradores concursais inician a rolda de entrevistas con administradores, asesores, cos representantes sindicais se a empresa é grande “pero tamén cos propios traballadores cando hai poucos empregados”. A relación co xulgado, “aínda cando os do Mercantil son bastante próximos con nós, é máis formal, vía escritos”, engade un dos protagonistas do recente IX Encontro de Profesionais do Dereito Concursal, organizado polo Consello Galego de Economistas os pasados 15 e 16 de outubro en Compostela e que reuniu a ducias deles para falar dun proxecto de reforma do seu traballo non exento de polémica. As reformas nunca o están.

Os pasos seguintes

Despois que o acredor solicite o concurso, preséntase no Xulgado do Mercantil. En Galicia temos sete: Pontevedra suma tres, séguelle Coruña con dous e despois, cun cada unha, as provincias de Lugo e Ourense. Segundo o último informe sobre carga de traballo elaborado polo Consello Xeral do Poder Xudicial con datos de 2013, o Mercantil número 1 da Coruña é o máis saturado: supera a súa carga de traballo asumible nun 203,8 %.

Texto: Esther Garrido

(Extracto da reportaxe que se publica no número de novembro de eco)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)