Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

“O perfecto é inimigo do mellor e o mellor agora é En Marea e hai que apoialo”



PUBLICADO O 24 DE NOVEMBRO DE 2015 · (0)




Leva case seis meses á fronte da Alcaldía da Coruña, tempo abondo para ter unha boa perspectiva da institución e do cargo. Que balance faría destes primeiros meses?

Estes primeiros meses foron meses de aterraxe para nós. Hai que pensar que todo isto é moi novo, ninguén de nós tivera responsabilidades de xestión nunha administración como esta e ademais o proxecto político tamén era completamente novo, así que houbo que adaptarse; adaptarse á situación, coller as rendas e aprender a “controlar a máquina da administración”, digamos. Pero eu creo que o fixemos razoablemente ben e rápido e estamos bastante satisfeitos coa implementación do programa nestes primeiros meses. Tiñamos esas 25 medidas para os primeiros cen días que están practicamente todas postas a andar, o que é positivo e tamén acostumarse a esta nova situación que tamén podemos dicir que xa estamos totalmente adaptados. Así que eu diría que ben.

Menciona a dificultade de pór en marcha un novo proxecto político. O certo é que na Marea Atlántica conflúen forzas políticas do máis diverso: desde Anova, Esquerda Unida, Podemos, Compromiso por Galicia, Equo, Espazo Ecosocialista etc. a movementos asociativos e cidadáns sen ningún tipo de adscrición política. Como se amalgama todo iso á hora de gobernar día a día?

Pois moi ben porque a xestión interna do grupo foi e vai moi ben. Esas cousas que se dicían da Marea Atlántica, que se eramos un maremágnum… pois para nada. Somos un grupo supercohesionado. Eu teño que dicir que xa lle gustaría aos outros grupos políticos do Concello da Coruña ter a cohesión que ten o grupo de Goberno. Así que por aí, cero problemas.

O difícil foi entón o entendemento con eses outros grupos…

A relación cos outros grupos foi complicada e é complicada, sobre todo porque falas idiomas diferentes. Son gramáticas diferentes. Nós, evidentemente, chegamos cunha emenda á totalidade do que era o funcionamento dos partidos políticos tradicionais e da gramática tradicional da política e iso crea problemas xa de comunicación, porque non falas o mesmo idioma. Os primeiros meses foron duros, sobre todo a relación co PSOE, que eu creo que tiña que ser o aliado natural, pero bueno, isto é un pouco coma nos terremotos: unha vez que pasa o terremoto as placas tectónicas volve ao seu sitio, adáptanse á nova situación e eu creo que estamos xa nese proceso de adaptación e de mellora das relacións. 

Texto: Teresa Rocamonde / Fotos: Moncho Fuentes 

(Extracto da entrevista completa que se poderá ler no número de decembro de eco)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)