Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cans: 13 anos apoiando os creadores galegos



TERESA ROCAMONDE · PUBLICADO O 12 DE ABRIL DE 2016 · (0)




A tenda da emblemática marca galega Rei Zentolo en Santiago acolleu esta mañá a presentación da imaxe gráfica, a camiseta e a canción oficial do Festival de Cans, que celebra o próximo mes de maio a súa edición número 13.  

Ademais da imaxe gráfica e a camiseta, deseñadas por Rei Zentolo, a organización do Festival de Canspresentou a canción oficial desta edición, realizada polo grupo De Vacas, que actuará tamén durante o festival, que este ano se celebrará entre os días 18 e 21 de maio na localidade pontevedresa de Cans.

Xunto co director do certame, Alfonso Pato, e Salvador Vázquez Pablo Rodríguez, de Rei Zentolo, participaron no acto Alberto Vázquez –que estreará no festival o seu último filme Psiconautas, presentado no pasado Festival de San Sebastián–, e o actor Federico Pérez, encargado este ano das presentacións no Torreiro de Cans.

Con eles estiveron os membros do grupo De Vacas, responsable da canción oficial do Festival, A Cans, unha versión do tema francés A Vannes de Françoise HardyDe Vacas será un dos grupos que actúen na edición deste ano, a 13, un número que serviu de inspiración aos deseñadores do cartel oficial para incluír "toda clase de amuletos" que espanten os malos agoiros, algo innecesario á vista da magnífica traxectoria do certame máis peculiar do panorama estatal que cada ano se celebra na aldea pontevedresa de Cans na terceira fin de semana de maio, coincidindo co Festival de Cannes en Francia.Este paralelismo entre os nomes deu lugar a un proxecto que naceu case “como unha broma” e que recibe actualmente máis de 13.000 visitantes en cada edición.

Apoiar a creatividade

Mais o auténtico valor de Cans é o apoio incondicional que dan aos creadores galegos desde hai máis dunha década, independentemente do momento económico ou político, tendo sempre moi presente a importancia de coidar as persoas que están facendo cultura pero tamén industria, marketing e, en definitiva, país. Así o asegura o director do certame, Alfonso Pato, que asegura que en Galicia “hai máis creación e máis diversidade que nunca” e iso “debe ser apoiado e valorado polas institucións” ás que lle pide que, cando menos, estean “abertos a escoitar”, algo que só fan “cando hai eleccións”.

Pato, ao igual que en días pasados fixeron moitos outros nomes do audiovisual galego, critica “o tempo perdido” mais agarda que o Plan Estratéxico do Audiovisual que prepara actualmente a Xunta de Galicia, sexa “un primeiro paso” para encamiñar un sector estratéxico “sen estratexia definida”.

XIII Festival de Cans

Como cada ano Cans mostrará o próximo mes as mellores curtametraxes galegas nun festival onde a música e a creación en xeral teñen un papel relevante. Durante catro días dez espazos da aldea do Porriño converteranse de novo en centros culturais de primeira orde onde se darán cita aficionados e profesionais para celebrar que o sector audiovisual galego está máis vivo que nunca. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)