Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Ausencias persoais



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 26 DE ABRIL DE 2017 · (0)




Por se alguén anda despistado cómpre lembrar como funciona o sistema de altas e baixas neste país: as baixas por enfermidade común son cousa dos médicos de cabeceira. Neste proceso as mutuas só poden facer un control, suxerir, pero non poden emitir altas nin baixas. É a baixa por accidente e enfermidade laboral a controlada polos médicos das mutuas no 99 % das empresas públicas e privadas

En Galicia operan, entre outras, Asepeyo, Fremap, Ibermutuamur, Mutua Gallega ou Muface, ademais de varias mutuas para avogados, arquitectos ou futbolistas, entidades con recursos públicos da Seguridade Social, polo que os excedentes reverten ao fondo de reserva. Logo tamén temos situacións “curiosas” como a dos 12 funcionarios do Concello de Sarria que non estaban inscritos na Seguridade Social, polo que nin a administración pública nin ningunha mutua podían controlalos cando estaban de baixa. Excepcións que confirman unha regra.

Por que faltamos ao traballo?

O máis habitual é que sexa por unha baixa que nos incapacita temporalmente, por unha enfermidade común ou ben por accidente, laboral ou non. Tamén computa como “absentismo” botar media mañá para renovar o DNI ou acompañar ao fillo ao médico, pero evidentemente as repercusións non son as mesmas. “Cada autor ten a súa definición, pero sempre digo que absentismo é a ausencia dun traballador do seu posto durante a xornada laboral en horas efectivas de traballo”, explica a ECO o director xerente de Mutua Gallega, Javier Flórez.

Estas ausencias explícanse por unha variada lista de motivos […]

Máis longas

Estes meses comeza de novo a soar unha canción á que estamos afeitos: que en canto melloran as cifras económicas a xente reláxase. […]

Segundo a Seguridade Social, ata o mes de setembro de 2016 Galicia acumulaba un total de 12.777 baixas, máis que todas as contabilizadas en 2015 e Asociación de Mutuas de Accidentes de Traballo (AMAT) no seu último informe recolle que as baixas laborais en 2015 e 2016 dispáranse: as derivadas dunha incapacidade temporal por enfermidade común superarán os 4,5 millóns, un 15 % máis que en 2015, o que equivale a que máis de 880.000 traballadores non acudiron ao seu posto ningún día.

Jesús Castro, secretario de saúde laboral de CC. OO. en Galicia, vincula este aumento cunhas condicións de traballo cada vez máis precarias e esixentes, o que aumenta o risco de enfermidades que, por un criterio administrativo, non se cualifican como profesionais. Javier Flórez engade un matiz: “O problema non é que suba o número de baixas, é que a duración media segue aumentando. A situación galega é preocupante: as catro provincias están entre as de maior duración media de toda España”. O tempo medio dunha incapacidade temporal en Galicia está en 60 días, cando a media estatal é de 38.

(Extracto da reportaxe que se pode ler completa no número 311 – abril 2017)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)