Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Que valoran os máis novos para alugar unha vivenda?



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE MARZO DE 2018 · (1)



A vivenda ideal: no centro e costa, por menos de 400 euros ao mes con facturas incluídas. Características que, por outra banda, asinaría calquera: estudante, pensionista ou traballador. O 46% dos mozos españois vive de aluguer.


 “Segundo os nosos datos, aínda que este 46% supón 6 puntos menos que a media europea segue sendo unha porcentaxe elevada. Por iso non é de estrañar que moitos propietarios decántense por alugar a mozos ou estudantes xa que os beneficios medios mensuais que obteñen con son dun 7%”, explica Mariano Kostelec, co fundador e CEO de Uniplaces.es en España.

Aa compañía analizou as características principais dos aloxamentos que buscan quen reserva na súa plataforma e son estes:   

Zona centro. Un 37% dos mozos prefire vivir de aluguer porque é a única maneira na que poden acceder cos seus ingresos ás rúas máis céntricas. A seguinte localización con maior demanda, son os barrios próximos ás universidades. O elevado número de solicitudes por residir nas rúas próximas aos centros de estudos fai que o prezo do aluguer poida chegar a ser ata un 59% máis caro.

Facturas incluídas. O 68% dos mozos queren alugar aloxamentos que as teñan incluídos porque así saben perfectamente o diñeiro que deben destinar mensualmente ao gasto da vivenda, o que lles facilita organizar o resto.

Prezo xusto. O 66% das habitacións en aluguer custan menos de 400 euros. Unha cantidade que encaixa co orzamento que o 67% dos mozos europeos está disposto ou pode pagar ao mes por unha habitación. Aínda así esta cifra é un 8% máis do que se pagaba por alugar en 2016.

Prefiren alugar habitacións. Máis do 80% de quen busca aloxamento. “Esta modalidade é máis económica e a que máis se axusta á realidade dos mozos”, sinala Kostelec. O 75% das vivendas que se anuncian a través do seu servizo alúganse en menos de 7 días e anima aos mozos para buscar aloxamento durante estes primeiros meses do ano pois “de media, págase case un 10% menos por unha habitación, é o trimestre cos aloxamentos máis baratos”. Outras plataformas  para estudantes son www.pisocompartido.com ou www.erasmusu.com.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (1)



María Pita

12 de marzo de 2018

¿El café?