Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As mulleres son 40% da forza xeradora de negocio en todo o mundo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE MARZO DE 2018 · (0)



Pero un recente estudo realizado por Sage detecta unha tendencia preocupante: as emprendedoras sofren máis a morosidade e a tardanza nos pagos que os seus homólogos homes a nivel mundial, malia que as cifras cada vez son máis paritarias.


Nos próximos 12 meses 1 de cada 4 mulleres empresarias priorizará reclamar os pagos atrasados. Dos 11 países sondados as mulleres de 6 reportan un alto nivel de morosidade nos negocios (no lado positivo, en 5 países os datos xa son iguais). Concretamente en España, as pemes dirixidas por mulleres reciben tarde o 13% dos pagos ás súas empresas, mentres que as dirixidas por homes reportan atraso no 7%.

No primeiro caso, un 11% das débedas acaban por ser incobrables, con todos os problemas que leva mentres que, no segundo, é un 7% a débeda que acaba por non ser cobrada.  As pequenas empresas non poden asumir estes custos e as horas perdidas en administración e reclamo de pagos. Pero o feito de que as mulleres empresarias atópanse en máis ocasións ante situacións de morosidade trátase só dunha parte dun problema moito máis amplo: reportan comentarios sexistas, falta de recoñecemento sobre ambicións empresariais e falta de referentes femininos que evidencian a existencia dun estigma cultural. Cando no mundo dos negocios non hai lugar para os prexuízos, todos os empresarios son libres de perseguir as súas ambiciónsro.

“O crecemento de autónomos en España é en feminino”, dixo a pasada semana Soraya Mayo, secretaria xeral da Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos (ATA). Na última década o número de mulleres incrementouse en 24.029 ata alcanzar 1.130.771 en toda España mentres que o de homes retrocedeu en case 233.000 ata frisar os 2.070.000 autónomos. Con todo, nesta instantánea Galicia non replica a tendencia e, aínda que é a comunidade na que maior peso ten o autoemprego feminino, co 41,2 % do total, a peche de 2017 perdeu o 12,8 %.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)