Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Máis de 50 empresas participan mañá e o xoves na VII Feira de Emprego de IFFE



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE MARZO DE 2018 · (0)



A actividade ten como obxectivo servir de plataforma de encontro entre as empresas máis relevantes que operan nesta comunidade autónoma e os mozos profesionais en busca de novas oportunidades laborais.


A VII Feira de Emprego e Formación organizada por IFFE Business School celébrase baixo o lema “Profesionais 4.0. O talento do futuro”, coa intención de converterse nun espazo aberto adicado á empregabilidade e ao emprendemento, que transforma á escola de negocios durante dous días nun centro de oportunidades laborais. Levaranse a cabo presentacións de empresas, mesas redondas, talleres e stands, con máis de 50 empresas participantes, que orientarán aos asistentes nas claves da busca activa de emprego, formación e desenvolvemento dunha carreira profesional.

Este encontro, no que participan as compañías de maior relevancia que operan no tecido empresarial galego, pon de manifesto o alto potencial empregador da escola de negocios, que conta con máis de 300 empresas colaboradoras, e é un claro reflexo da súa vocación de servir de plataforma de networking e emprendemento.

Para o peche de ambas xornadas contarase coa colaboración especial de Cafés Candelas, que traerá a unha barista para amosar os segredos dun bo café, e a Koh Lanta, que contará a súa visión de negocio e fará unha breve degustación dalgúns dos seus pratos sempre acompañados por unha boa Estrella Galicia.

Por último, pero quizáis como unha das cuestións máis importantes, estarán a Fundación Mulleres, organización non gubernamental sen ánimo de lucro que traballa dende diferentes ámbitos co obxectivo de lograr que a igualdade de oportunidades sexa real e efectiva. Durante a segunda xornada da feira estarán informando e asesorando a todas aquelas mulleres que o desexen en emprego e igualdade de oportunidades, creación de empresas, políticas de igualdade e mainstreaming de xénero, así como prevención da violencia de xénero e cooperación para o desenvolvemento.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)