Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O CGES preséntase á Deputación coruñesa



PUBLICADO O 13 DE MARZO DE 2018 · (0)



Oriol Sarmiento e Pedro Calaza, presidente e secretario do Consello Galego de Enxeñeiros reuníronse esta mañá co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, para ver se hai opcións de abordar proxectos e vías de colaboración en común.


Entre outras cousas falouse de posibilidade de publicar un libro que recopile os principais proxectos que as distintas pólas da enxeñería teñen realizado na provincia. E Valentín González amosou interese ante a proposta de verificar que os procedementos e documentacións no ámbito das enxeñerías conten con plena corrección técnica e normativa.

O encontro enmárcase no propósito do CGES: ser a voz única da enxeñería galega ante as Administracións e a sociedade. Oriol Sarmiento expúxolle ao presidente provincial coruñés que a entidade que preside representa máis de 5.000 profesionais de alta formación e cualificación a nivel internacional, claves para o desenvolvemento económico de Galicia e a transformación da sociedade. 

Oriol Sarmiento, é desde o pasado mes de xaneiro o novo presidente dunha entidade que agrupa aos oito colexios profesionais de enxeñería da comunidade, ademais de enxeñeiro industrial da empresa Elinsa e editor da revista de enerxía Dínamo Técnica. O CGES representa a máis de 5.000 profesionais: enxeñeiros Industriais, de Camiños, Agrónomos, de Telecomunicacións, Navais, Montes, Minas e de ICAI.  

 


Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)