Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Marineda City vende un 6,2% máis



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE MARZO DE 2018 · (0)



E supera os cen millóns de visitas desde a pertura. A xerente do gran espazo comercial galego, Ana López, anota que está a un 93% de ocupación. O 50% das firmas son de orixe galega, xa que ademais de marcas locais hai franquías xestionadas por empresarios galegos. Malia o éxito, lanzará unha plataforma de venda online piloto.


Merlin Properties, a propietaria de Marineda City, lanza unha plataforma online piloto para os establecementos do centro (www.marinedacity.com/eshop). O Big Data e o Márketing Intelligence son outras das ferramentas coas que traballan achegando  promocións mentres a xente percorre o centro comercial pero con información personalizada, baseada nos perfís e comportamentos.

A cifra de investimento previsto para 2018 é de máis dun millón de euros para un percorrido tematizado con elementos de xogo para os máis pequenos na planta 0. Ademais, tamén haberá un novo núcleo de ascensores máis amplos.

Durante 2017 chegaron firmas como New Yorker, Gocco, The Good Burger ( TGB), Levi’ s, Pablosky ou Soloptical aínda que as aperturas que máis peso tiveron foron deportivas: o centro inaugurou nova zona de moda e deporte con Coolligan, Sprinter, Canterbury, Urban Jungle, Deportenda, Fimsbury, Vivexperience e o ximnasio Rock Gym. Este é dos poucos espazos que poden facer competencia a venda online por oferta e tirón. Para este 2018, os responsable queren consolidalo como o espazo de moda e lecer preferido de Galicia, afianzalo como destino de turismo de compras e completar a oferta. Abrirá Taco Bell, a coñecida cadea fast food de inspiración mexicana.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)