Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia é a sétima autonomía con maior proporción de emprego en ciencias e tecnoloxía



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE MARZO DE 2018 · (0)



Cun promedio do 22,9% está catro décimas por debaixo da media nacional (23,3%), e moi afastada da europea (32,1%) e do índice que acadan outras comunidade autónomas como Madrid (34,5%), País Vasco (29,2%) ou Navarra (26,4%).


Segundo os datos que vén de publicar Eurostat para 2016, en España un 23,3% do total das persoas empregadas traballan en sectores relacionados coas ciencias e a tecnoloxía. Na Unión Europea, pola súa banda, o promedio sitúase nun 32,1%, con Luxemburgo á cabeza cun 50,9% e Suecia, Dinamarca, Finlandia e Alemaña en lugares destacados con porcentaxes arredor do 40%.

Se analizamos a proporción de emprego nos sectores de ciencias e tecnoloxía en España, se observará que a Comunidade de Madrid encabeza a clasificación e, cun 34,5% do total de empregados traballando nestes sectores, supera mesmo a media europea. O País Vasco ocupa o segundo lugar e a Comunidade Foral de Navarra o terceiro, con índices do 29,2% e do 26,4%, respectivamente. Tamén por riba da media española están Cataluña, que ocupa o cuarto lugar cun 25%; Cantabria, quinta cun 23,6%, e A Rioxa, sexta cun 23,5%. Tras elas, Galicia está no sétimo posto cun 22,9%, catro décimas porcentuais por debaixol da media española.

A clasificación das rexións españolas péchana sete comunidades españolas con taxas por debaixo do 20%: Murcia (18,9%), Illas Baleares (18,7%), Castela-A Mancha (18,6%), Andalucía (18%), Melilla (17,6%), Estremadura (16,8%) e Canarias (16,8%).

Tras Luxemburgo, Suecia, Dinamarca, Finlandia, e Alemaña, na clasificación europea o Reino Unido está na sexta posición cun 35,8%, superando así a media comunitaria ao igual que fan outros catro países: Bélxica (34,6%), Francia (34,1%), Austria (34%) e Eslovenia, que iguala o promedio (32,1%). Neste ranking, España ocupa o terceiro posto pola cola cun 23,3%, superando só a Grecia (21%) e Romanía (20%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)