Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A seis de cada dez traballadores que fan horas extras non llas pagan



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE MARZO DE 2018 · (0)



Segundo un estudo realizado por Infoempleo e Adecco, o 58,7 % destes profesionais non é remunerado economicamente por este motivo, aínda que só un 39% dos empregados afirma traballar máis horas das acordadas previamente.


O informe indica ademais que o 46,4% dos que realizan horas extras non lle compensan de forma algunha e que ao 12,3% só lle compensan con descansos. Ademais, o 47,6% dos traballadores españois sinte que o labor que desempeña na súa empresa non vai acompañado dun recoñecemento por parte de esta. É dicir, cre que non se valora o seu traballo o suficiente.

Preguntados sobre se o seu posto é acorde á súa formación, o 51,2% dos traballadores opina que non, que está por debaixo, o que supón case dous puntos porcentuais máis do que pensaban un ano atrás. Por outra banda, o 66,7% dos profesionais, en liñas xerais, está contento co seu traballo, mentres que un 41,1%, pese a estar contento, está buscando un novo emprego debido a que as condicións laborais que ten na actualidade non son as que desexa, xa sexa pola xornada, polo salario, ou polo tipo de contrato.

Á hora de decidirse por un cambio de emprego, a razón que máis pesa para eles é o salario (58,7%), seguida das posibilidades de desenvolverse profesionalmente (52%). Ademais, a maioría dos traballadores deste país cre que en dous anos será máis difícil (39,3%) ou igual (43,9%) atopar novas oportunidades laborais, xa que, segundo eles, a oferta de emprego cada vez é menor.

Tamén son cada vez menos as persoas que temen perder o seu posto de traballo nos próximos meses. O 58% cre que esta situación non se vai dar, mentres que hai un ano esta proporción era do 56,9%. Dende unha visión a longo prazo, o 73,7% dos entrevistados cre que non se xubilará na súa actual empresa.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)