Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Recuperamos o 54% dos residuos plásticos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE MARZO DE 2018 · (0)



En España temos boa evolución na reciclaxe -somos o segundo país europeo que máis plásticos recicla por habitante, con 18 kg por persoa/ano- pero non reducimos os que acaban nos vertedoiros. No período 2012-2016, mentres que en Europa baixou un 20%, en España creceu un 4%. Pura contradición.


Aproveitar este material tan común suporía un aforro considerable, xa que o valor do que desbaldamos, só en termos de materias primas plásticas, é da orde de 1.500 millóns de euros. Dá para pagar a factura anual da luz de case un millón e medio de fogares españois ou o salario medio de máis de 56.000 persoas.

A situación de España contrasta coa do conxunto de Europa, onde en 2016, só un 27% dos residuos plásticos acabou nos vertedoiros. A diferenza é aínda maior en comparación con países como Suíza, Alemaña ou Dinamarca. Alí a taxa non supera o 3%. Estes datos están recollidos no informe “Plásticos–Situación en 2017” de PlasticsEurope (que representa aos propios fabricantes), cuxo Director Xeral na rexión ibérica, Ignacio Marco, explica: “non podemos considerar o vertedoiro como unha opción. En España esta práctica está demasiado estendida. Mentres a situación non cambie será sumamente difícil cumprir coa xerarquía de residuos, como establecen as lexislacións europea e española, e fomentar alternativas máis sustentables, xeradoras de riqueza e empregos”.

Existen alternativas ao vertedoiro como a reciclaxe mecánica, a reciclaxe química, ou o uso de residuos como fonte de enerxía renovable que si aproveitarían o valor dos plásticos ao final da súa vida, “o que os converte nun recurso crave para avanzar cara unha economía máis circular”, engade Marco. Estas alternativas pódense fomentar de diferentes maneiras, pero existen dúas que xa deron os seus froitos noutros países de Europa.

Con taxas

A primeira é incrementar as taxas de entrada a vertedoiro, de tal forma que compense optar por outras opcións. No Reino Unido o incremento das taxas supuxo que en 4 anos (2012 -2016) reduciuse nun 60% a cantidade de residuos depositada en vertedoiro. A segunda, e máis efectiva aínda, é limitar a entrada a vertedoiro de residuos reciclables e recuperables. Isto é o que fixo Alemaña en 2005, e dous anos máis tarde conseguiu reducir nun 95% estes plásticos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)