Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Europa fai o comercio e non a guerra



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE ABRIL DE 2018 · (0)



A crecente inseguridade sobre a política comercial de Estados Unidos presiona á Unión Europea para pechar cinco acordos de libre comercio con socios comerciais claves. Esta é a conclusión do último informe difundido por Crédito y Caución.


A renovación en 2019 do Parlamento Europeo e moitas das cancillerías europeas marca a axenda. Tras un 2017 marcado pola sinatura do acuerdo comercial con Canadá, 2018 éun ano crucial para concluír as negociacións comerciais” con México e o bloque do Mercosur Argentina, Brasil, Paraguai e Uruguai e obter a ratificación final dos acordos xa pechados que garantan o libre comercio no sueste asiático con Xapón, Singapur e Vietnam.

As negociacións sobre o acordo comercial con Xapón, a terceira economía máis grande do mundo con 127 millóns de consumidorese o sexto maior mercado de exportación da Unión Europea, remataron en decembro de 2017. O informe da aseguradora prevé que o proceso de aprobación por parte do Consello e o Parlamento Europeo do acordo, que abrirá este mercado especialmente aos sectores de alimentación, automoción, consumo duradeiro, construción, maquinaria e químico-farmacéutico, se produza no verán de 2018.

O proceso de negociación con Mercosur acelerouse dende 2017 e a intención de ambas partes é rematar antes do verán de 2018. Os mercados do Mercosur, que supoñen conxuntamente a sétima economía do mundo con 260 millóns de consumidores e o décimo maior destino de exportación da Unión Europea, están relativamente pechados con altas barreiras comerciais, o que ofrece á UE unha vantaxe de primeiro xogador.

México e sueste asiático

En México, a intención de ambas partes é revisar o tratado vixente dende o ano 2000 antes do verán de 2018, que abarca principalmente bens industriais, para agregar produtos de alimentación, servizos, investimentos e licitacións públicas.

As negociacións con Singapur concluíron en 2014, pero o acordo, que melloraría o acceso ao mercado asiático das empresas financeiras, de servizos, transporte e telecomunicacións, está pendente da ratificación por parte das autoridades comunitarias e os parlamentos dos estados membros da UE. Pola súa banda, o acordo con Vietnam pechouse en 2016.

Mentres as medidas proteccionistas continúan ocupando titulares, a Unión Europea avanza dilixentemente cara o establecemento de novos acordos comerciais e a actualización dos existentes”, di o informe. “A ameaza dun crecente proteccionismo mundial estimulou os esforzos de Bruxelas e os seus socios na negociación para acelerar a conclusión dos actuais diálogos sobre acordos de libre comercio”, chegando a compromisos “incluso en cuestións delicadas e polémicas”. A medida que Estados Unidos retrocede da escena mundial, a Unión Europea está ampliando os tratados de libre comercio en todo o mundo, conclúe.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)