Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A industria 4.0 e as súas novas tecnoloxías, ao servizo das empresas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE ABRIL DE 2018 · (0)



A Fundación Gas Natural Fenosa organiza mañá en Santiago un seminario para explicar como a industria 4.0 e as súas novas tecnoloxías poden mellorar a xestión das empresas galegas.


A Fundación Gas Natural Fenosa, en colaboración coa Xunta, organiza un seminario que analizará algúns dos conceptos que definen a nova revolución industrial como o Internet das Cousas, a impresión 3D, a análise masiva de grandes bases de datos, a intelixencia artificial, a robótica colaborativa ou a realidade virtual.

No foro Enerxía, Medio Ambiente e Industria 4.0” darase a coñecer como a dixitalización acelerada dos procesos de fabricación pode mellorar a produtividade e a xestión enerxética das empresas galegas. A continuación, exporanse casos prácticos de aplicación no sector enerxético, e no de alimentación e bebidas.

A xornada, que contará coa participación do director xeral da Fundación Gas Natural Fenosa, Martí Solà, e do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, terá lugar mañá dende as 9.00 horas no Hotel AC Palacio del Carmen (C/ Oblatas, s/n), en Santiago de Compostela. Durante o seminario, se convivirá con exemplos da Industria 4.0, e os asistentes poderán interactuar con Pepe, o robot humanoide que aparece na imaxe de apertura, e probar unhas gafas de realidade virtual.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)