Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

15 de xuño



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE ABRIL DE 2018 · (0)



É o prazo máximo para presentarse á segunda edición do premio Peme do Ano convocado pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa e o Banco Santander, e que o ano pasado gañou Global Pez Seafood. Trae varias novidades.


O xurado tamén concederá tres accésit nas categorías de Internacionalización, Dixitalización e Innovación e Formación e Emprego. A gañadora concorrerá ao Premio Peme do Ano 2018 de España, que fallarase no primeiro trimestre de 2019. O ano pasado á de Pontevedra foi Global Pez Seafood, que importa peixe conxelado desde distintos países con especial dedicación a Perú e fornece mercados europeos, africanos e rusos.

Poden presentar a candidatura empresas de menos de 250 empregados, cunha facturación anual inferior aos 50 millóns de euros en 2017 e con sede social na provincia de Pontevedra. As empresas interesadas poden consultar as bases publicadas na web da Cámara e alí tamén cumprimentar o formulario de inscrición desde hoxe.

O xurado -composto por un representante da Cámara de Comercio galega, un representante da Cámara de Comercio de España, un representante da Delegación Territorial do Banco Santander, un da Administración local e un do Faro de Vigo- valorará méritos como creación de emprego, formación para os empregados, a internacionalización e as iniciativas de dixitalización e innovación.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)