Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Ucgal reclama a Vueling indemnizacións para os galegos que deixou “tirados” en Tenerife



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE ABRIL DE 2018 · (0)



A Unión de Consumidores de Galicia afirma que os afectados teñen uns dereitos que a liña aérea ten que respectar, e anímaos a acudir ás instancias xudiciais para reclamar indemnizacións por danos e prexuízos.


A asociación refírese en concreto a uns feitos sucedidos o pasado 3 de abril, cando a aeroliña deixou bloqueadas a varias ducias de galegos no aeroporto de Tenerife por supostos problemas técnicos no Sistema de Xestión de Tráfico Aéreo de Eurocontrol. Segundo os medios de comunicación, a aeronave debía partir de Tenerife Sur-Reina Sofía con destino á Coruña, pero Vueling cancelou o voo e redistribuíu ás persoas afectadas noutros voos. Algunhas das persoas afectadas por esta cancelación obtiveron praza para os días 9 e 10 deste mes, unha semana máis tarde do previsto.

Ucgal lembra que a competencia ante situacións como esta reside na Axencia Española de Seguridade Aérea e que as reclamacións que se presenten en servizos públicos de consumo da comunidade autónoma galega serán dirixidas a este organismo. Por iso, aconsella facer a correspondente reclamación ante unha asociación de consumidores co fin de facilitar e axilizar o proceso. É máis, non só recomenda esta vía senón que, chegado o caso, anima aos afectados a acudir ás instancias xudiciais para reclamar indemnizacións por danos e prexuízos.

Segundo afirma esta organización, as persoas prexudicadas teñen unha serie de dereitos que a aeroliña ten que respectar, como o dereito á información e á asistencia, así como o dereito ao reembolso do billete ou a un transporte alternativo e, neste caso, o dereito a compensación.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)