Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A industria 4.0 en primeira persoa



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE ABRIL DE 2018 · (0)



A segunda edición do Foro Industrial de Transformación Dixital durou toda a mañá e acolleu a case 100 persoas entre empresarios, traballadores e estudantes convidados por Asime en Vigo. Coñeceron, por exemplo, sistemas para controlar a fábrica a miles de quilómetros cun smartphone. 


A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia celebrouna para informar ás empresas galegas a dixitalización dos procesos. Enrique M. Mallón, o Secretario Xeral, agradeceu a participación nunha cita "que mostra máis casos reais de aplicación de Industria 4.0, para que vexan que a tecnoloxía está presente". A cuarta edición do Cume Industrial celebrarase o martes 17 de abril en Lalín coa Deputación de Pontevedra e Igape, e tamén terá como protagonista ás novas tecnoloxías no sector metalúrxico, como os robots colaborativos.

Monserrat Carrasco, representante do Ministerio de Economía e Industria Conectada, informou das axudas en consultoría en materia 4.0 que ofrece o Estado, incluído a ferramenta gratuíta de autodiagnose empresarial “Hada”. Marc Pugés, de Cadtech Ingenería, presentou varias ferramentas de análises e un software moi útil de visualización de arquivos CAD que aforra gran cantidade de custos asociados ás licenzas de uso. Nesa mesma liña Jesús Tato, da coñecida multinacional Canon, explicou un novo software de xestión documental chamado Therefore para xestionar toda a documentación de maneira moito máis sinxela. Logo foi a quenda da empresa Inycom, que realizou un showroom no que se puideron ver exemplos como a Realidade Virtual Aumentada ou Sensorística.

Borja Tinao, da multinacional francesa Altran, expuxo a “Factory Virtual Twin”, un proxecto que permite controlar a fábrica a miles de quilómetros de distancia a través dun smartphone e Miguel Ángel Acero, do Centro Tecnolóxico da Información e a Comunicación, manifestou a importancia da formación nas novas tecnoloxías “desde os traballadores ata os directivos”. Luís López e Daniel Prieto, de Industrial Recense, amosaron un caso de éxito relacionado coa introdución da Fábrica Virtual 4.0 e Miguel Merino, de Navantia, asegurou que “desenvolvemos multitude de aplicacións nos nosos estaleiros".



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)