Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O paro feminino reduciuse en Galicia en 3,4 puntos entre 2015 e 2017



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE ABRIL DE 2018 · (0)



O descenso é xeralizado en todas as provincias, destacando especialmente a de Lugo, onde baixou en case 5,5 puntos porcentuais dende 2015. As provincias con maior nivel de desemprego feminino en Galicia son Pontevedra cun 33,9% e Ourense (33,3%).


Nos dous últimos anos, o paro feminino en Galicia pasou do 18,6% en 2015 ao 15,2%, o que a sitúa preto de tres puntos porcentuais por debaixo da media nacional, segundo un estudo realizado pola consultora AIS Group a partir dos seus indicadores Habits Big Data. Esta redución foi especialmente relevante en las provincias de Lugo e Ourense, con descensos duns seis e cinco puntos porcentuais respectivamente. Estas variacións fan que en decembro de 2017 a provincia de Pontevedra foxe a que presenteaba unha maior taxa de paro entre as mulleres, un 18%. Tras ela estaba Ourense cun 15%, mentres que as que tiñan menor taxa eran Lugo 11,8% e A Coruña 13,9%.

En canto á ocupación das mulleres, o número medrou en practicamente todas as provincias galegas, pero destacan especialmente Pontevedra e A Coruña. O dato negativo lévaseo Lugo, pois nesta provincia se rexistraron en 2017 unhas 500 mulleres ocupadas menos que en 2015. En comparación coa taxa de desemprego masculino, a feminina é máis alta en todas as provincias galegas. Destaca especialmente en Ourense, onde a distancia entre elas é a maior de toda a comunidade. En Pontevedra, en cambio, é onde menor é a diferenza entre a taxa de ambos segmentos, menos de medio punto porcentual.

A nivel nacional, o paro feminino reduciuse en 4,4 puntos, pasando do 22,7% de 2015 ao 18,3% de 2017. Esta tendencia descendente é practicamente xeralizada en todas as provincias españolas. Segundo o estudo, entre 2015 e 2017, a taxa de desemprego feminino medrou só en seis provincias. Así, en Cuenca pasou do 19,2% en 2015 ao 21,4% en 2017, isto é 2,3 puntos porcentuais máis, e en Ceuta a variación foi do 31,5% ao 33,3%, cun aumento dalgo máis de dous puntos. No resto de provincias con paro feminino á alza A Rioxa, Córdoba, Tenerife e Almería, a variación situouse por debaixo de 0,5 puntos porcentuais.

De acordo coa información máis recente dos indicadores Habits Big Data de AIS Group (decembro de 2017), que se basean en información da Enquisa de Poboación Activa do INE, as provincias con maior nivel de desemprego dentro do colectivo feminino son Badaxoz cun 34,3%, seguida de Cádiz (33,9%), Ceuta (33,5%) e Córdoba (33,3%). No lado oposto, as provincias que presentan menor taxa de paro entre as mulleres concéntranse no norte de España e están encabezadas por Gipuzcoa, Álava e Soria.

Máis alá da taxa de paro, obsérvase que a ocupación feminina tamén tende á alza en practicamente todas as provincias españolas. As que presentan maior crecemento son Melilla (28,6%), Soria (22,4%), As Palmas (17,8%) e Murcia (12,2%). Só en cinco provincias o nivel de ocupación feminina descendeu dende 2015: Córdoba (-2,5%), Gipuzcoa (-2,3%), Teruel (-2,1%), Lugo (-0,8%) e Salamanca (-0,5%).

Desigualdade por sexos

Pese ás boas cifras evolutivas da taxa de paro feminino e os niveis de ocupación, a consultora AIS Group puxo de manifesto no seu informe que o desemprego no colectivo das mulleres é superior ao dos homes practicamente en toda España. Cidade Real é a provincia onde maior é a diferenza entre o paro feminino e o masculino. Mentres que a taxa de desemprego entre os homes é do 17,4%, entre as mulleres supera o 30%, o que supón uns 13 puntos porcentuais de diferenza. Tamén 13 puntos separan ao paro masculino do feminino en Ceuta e Badaxoz.

A brecha na taxa de paro entre homes e mulleres segue crecendo en numerosas provincias. Entre 2015 e 2017, a distancia entre a taxa de desemprego feminino e o masculino ampliouse especialmente nas provincias de Cuenca, Tenerife, Córdoba, A Rioxa, León, Toledo, Asturias, Valencia e Palencia. Por contra, nas que máis se reduciu a distancia foron Soria, Teruel, Cáceres Ávila, Huelva e Lleida.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)