Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Comezar a exportar da man da CEL



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE ABRIL DE 2018 · (0)



Unha vintena de empresarios participaron no taller Exportar: Primeiros Pasos” organizado pola patronal lucense dentro do Programa Internovamarket-Food, orientado a mellorar a capacidade exportadora e innovadora das pemes agroalimentarias da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.


Trátase dun proxecto de cooperación transfronteiriza, de carácter eminentemente práctico, que busca dotar a estas empresas dos coñecementos, habilidades, técnicas e instrumentos básicos necesarios para que poidan medrar rapidamente mediante a mellora da súa internacionalización, innovación tecnolóxica e capacidade de marketing a través da posta en marcha de diversas accións con obxectivo acelerador (talleres formativos, servizos de diagnóstico, asesoramento...).

María Teresa Martínez, xerente de TCM Trading Affairs Consultores, empresa especializada en facilitar a saída ao exterior das empresas, foi a encargada de impartir este taller, a través do que se trataba de proporcionar ás empresas unha primeira aproximación práctica aos pasos que debe dar unha empresa con interese en exportar.

O taller estaba prioritariamente dirixido a pequenas e medianas empresas da eurorregión Galicia-Norte de Portugal, en especial a directivos de empresas con interese no desenvolvemento de negocio no exterior; responsables e técnicos de departamentos de comercio exterior; entidades con potencial exportador, e emprendedores ou interesados en internacionalización empresarial.

O programa Internovamarket-food, organizado dentro do Programa Interreg V-A España-Portugal (Poctep) 2014-2020, aínda permite a inscrición de empresas, ben nunha das áreas de interese (internacionalización, innovación ou marketing) ou ben nas tres.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)