Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A demanda de coches con combustibles alternativos dispárase en España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE ABRIL DE 2018 · (0)



Os coches que usan este tipo de combustibles alternativos, como o GLP ou o GNC, reducen as emisións de CO2, teñen un menor desgaste das mecánicas e supoñen un importante aforro para o consumidor.


A industria automobilística está experimentando grandes cambios este ano en canto á demanda de vehículos que usan combustibles alternativos denominados “verdes”. Esta tendencia viuse reflectida no comparador de ofertas de coches novos Carnovo, onde as peticións de vehículos a gas como o GLP (Gas Licuado do Petróleo) ou o GNC (Gas Natural Comprimido) representaron en marzo de 2017 un 0,9% do total e no mesmo mes deste ano acadaron o 4,9%, o que supón unha suba do 191% anual. Polo contrario, o diésel continúa a súa caída en picado. Segundo a análise, se en marzo de 2017 estes coches representaron un 35% das solicitudes de oferta na plataforma, en marzo de 2018, a porcentaxe baixou situándose no 25%.

Existen varios factores no cambio de tendencia de compra cara este novo tipo de coches. Aparte das claras vantaxes como a redución nas emisións de CO2, un menor desgaste nas mecánicas dos vehículos ou o aforro de custos para o consumidor, hai que engadir un cambio de mentalidade entre os consumidores alentada, en parte, polas restricións e o cambio de lexislación en varias cidades españolas.

Madrid e Barcelona están restrinxindo cada vez máis a circulación dos vehículos diésel e de gasolina, o que está facendo aumentar a demanda de coches con combustibles GLP e o GNC. A partir do 1 de xaneiro de 2019, a ciudade condal e outros 39 municipios da área metropolitana non deixarán circular entre semana a vehículos anteriores á categoría Euro 1 de emisións: furgonetas matriculadas antes do 1 de outubro de 1994 e coches matriculados antes do 1 de xaneiro de 1997. A idea é que cada ano se prohíban máis modelos recentes e os Euro 2 (entre 1996 e 2000), pasarán a estar prohibidos en 2020. Pola súa banda, Madrid prohibirá totalmente a entrada ao cinturón central (dentro da M-30) aos vehículos diésel anteriores a 2006 e aos de gasolina matriculados antes do ano 2000. Os vehículos sen distintivo ambiental (pegatina Eco) non poderán aparcar na mesma zona a partir de 2020.

Para 2021 todo parece indicar que esta brecha non fará senón aumentar e, en consecuencia, moitos clientes descartarán directamente a opción de adquirir un coche diésel dende o inicio da busca. Tal e como sinala Ferran Jover, fundador e CEO de Carnovo: “As recentes lexislacións xeraron un cambio de mentalidade dos españoles respecto aos combustibles máis contaminantes. Isto está inclinando a balanza cara os vehículos híbridos con combustibles alternativos”, e engade: “Se ben é certo que os vehículos diésel emiten un 15% menos de dióxido de carbono que os de gasolina, o problema radica nas súas emisións de óxido de nitróxeno. As marcas están moi concienciadas e cada vez hai máis propostas técnicas. Solucións como o GLP e o GNC darán moito de que falar”.

Novos combustibles

Neste contexto, a demanda de coches con GLP está adquirindo maior relevancia grazas á entrada de grandes distribuidores como Cepsa. Tamén de coches GNC, un combustible pouco coñecido en España pero moi popular noutros mercados como Italia, onde representa o 40% do mercado, e que grazas a fabricantes como SEAT e FIAT se está abrindo camiño no noso país.

Coches como o novo SEAT Ibiza TGI funcionan cun sistema híbrido que lles permite funcionar tanto con combustible tradicional como con GNC. Aínda que estes coches teñen un importante sobrecusto, este queda compensado por un custo por litro moito menor que o do diésel ou a gasolina, aínda que hai que ter en conta que precisan dun maior número de litros. Os combustibles GNC e GLP xeran ademais un menor desgaste das mecánicas e reducen as emisións de CO2. Por iso, contan coa citada pegatina Eco da Dirección Xeral de Tráfico, o que lles permite circular sen restricións polo centro da cidade en puntas de contaminación, ademais de contar con beneficios como bonificacións en tarifas de aparcamento, entre outros.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)