Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As empresas da provincia da Coruña xa poden presentarse ao Premio Peme do Ano



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE ABRIL DE 2018 · (0)



As Cámaras de Comercio de Santiago de Compostela e da Coruña, xunto co Banco Santander, convocan a segunda edición do premio Peme do Ano co obxectivo de recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas como xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño do seu labor cotián.


Esta segunda edición do Premio Peme do Ano trae varias novidades. Ademais da Peme do Ano 2018 da Coruña, o xurado concederá tres accésit a outras tantas empresas nas categorías de Internacionalización, Dixitalización e Innovación e Formación e Emprego. A Peme do Ano da Coruña concorrerá ao Premio Peme do Ano 2018 de España, que se fallará no primeiro trimestre de 2019.

Poderán presentar a súa candidatura a este premio todas as pequenas e medianas empresas de menos de 250 empregados, cunha facturación anual inferior aos 50 millóns de euros no exercicio 2017 e con sede social na provincia da Coruña. As empresas interesadas poden consultar as bases publicadas nas webs de Cámara de Comercio de Santiago e a Cámara de Comercio da Coruña. Tamén a través das páxinas web poderán cumprimentar o formulario de inscrición desde hoxe e ata o próximo 15 de xuño.

O xurado estará composto por un representante da Cámara de Comercio da Santiago de Compostela, que actuará como presidente, un representante da Cámara da Coruña, un representante da Cámara de Comercio de España, un representante da Delegación Territorial do Banco Santander, un representante da Administración local e un representante do diario La Voz de Galicia. Valorará nas súas deliberacións méritos como a creación de emprego, as accións de formación para os seus empregados, a actividade internacional e as iniciativas de dixitalización e innovación.

Premio Peme do Ano 2017

Na primeira convocatoria do premio, a empresa de maquinaria agrícola, forestal e de xardín INTERNACO foi elixida Peme do Ano da Coruña. Once empresas pasaron á fase final do concurso e entre elas anunciouse o gañador nun acto que se celebrou o pasado mes de outubro. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)