Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un 15% dos españois vive en fogares con baixa intensidade de traballo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE ABRIL DE 2018 · (0)



A UE está plenamente comprometida coa Axenda de Desenvolvemento Sostible 2030, na que a erradicación da pobreza é un dos obxectivos máis ambiciosos. Para iso valora unha serie de indicadores, entre eles, a porcentaxe de poboación que reside nestes fogares.


O promedio da Unión Europea neste indicador situouse nun 10,5% en 2016, último ano para o que se ofrecen datos comparativos completos. Non obstante, hai grandes variacións nas cifras dos distintos estados membros. Irlanda ocupa o primeiro lugar cun 18,2%, figurando a continuación Grecia cun 17,2%.

En España un 14,9% da poboación adulta entre 18 e 59 anos vive en fogares con moi baixa intensidade de traballo, máis de catro puntos por riba do promedio da UE. Ao comezo da crise –en 2008– a cifra española non chegaba ao 7%, pero foi aumentando ata acadar un máximo do 17,1% en 2014. Dende entón, a taxa volveu baixar ata situarse por debaixo do 15% en 2016. Bélxica rexistra un 14,6% e Italia un 12,8%. Finlandia e o Reino Unido superan o 11%, ao tempo que Dinamarca está unha décima por riba da media.

A maioría de países da UE están por debaixo do promedio. Holanda, Alemaña e Portugal sitúanse na contorna do 9%, mentres que Suecia, Francia, Hungría, Romania e Austria rexistran taxas próximas ao 8%. Seis países de recente adhesión pechan a clasificación, destacando Eslovaquia e Polonia coas cifras máis baixas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)