Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Executivas e La Caixa fomentarán a contratación de personas desfavorecidas en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE ABRIL DE 2018 · (0)



Para iso, a asociación de empresarias asinou un convenio de colaboración coa Obra Social da entidade, que permitirá contratar a estas persoas a través do Incorpora da entidade financiera co fin de potenciar o tecido empresarial da comunidade.


Na sinatura deste acordo, celebrada onte no centro La Molinera, en Ourense, estiveron presentes a presidenta de Executivas, Carla Reyes Uschinsky; a presidenta da Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES), Raquel Crespo; o director de Área de Negocio de CaixaBank, Fernando Garza, e Carlos Rosón en representación da coordinación do Grupo Incorpora Galicia

Incorpora diríxese a persoas con discapacidade, parados de longa duración, ex reclusos, mozos en situación de vulnerabilidade, inmigrantes e víctimas de violencia de xénero, entre outros colectivos. En 2017, facilitou 844 postos de traballo a persoas vulnerables en Galicia, grazas á implicación de 420 empresas locais neste proxecto de responsabilidade social corporativa.

Executivas de Galicia colaborará con este programa mediante o fomento da contratación e formación de persoas pertencentes a colectivos en situación de vulnerabilidade e co impulso de accións concretas no ámbito da responsabilidadesocial empresarial coas 28 asociacións que forman parte da federación. Pola súa banda, Incorpora prestará información e asesoramento especializado sobre subvencións e axudas á contratación e á creación de emprego para persoas con especiais dificultades de inserción.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)