Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cabreiroá supera os 80 millóns de litros envasados



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE ABRIL DE 2018 · (0)



O pasado exercicio incrementou un 11% a súa produción, tras realizar un investimento de preto de dous millóns de euros nas súas instalacións de Verín dentro dun plan de modernización trianual que prevé outros cinco millóns nos próximos dous anos.


Deste modo, Cabreiroá levará a cabo unha importante ampliación da súa capacidade produtiva e de almacenamento que lle permitirá afrontar con tranquilidade o futuro máis inmediato e dar resposta á crecente demanda do mercado coas diferentes marcas que comercializa: Cabreiroá sen Gas, Magma de Cabreiroá con Gas Carbónico Engadido e Magma de Cabreiroá con Gas Carbónico Orixinal.

En termos de facturación, a compañía pechou o exercicio pasado acadando os 26 millóns de euros, un 15% máis que o ano anterior, o que permite que poida seguir crecendo nas súas instalacións de Verín (Ourense) mantendo un cadro de persoal estable que se sitúa arredor das 50 persoas.

O éxito de Cabreiroá no mercado levou á marca a consolidarse como a segunda opción a nivel nacional na canle de hostalaría, tanto na súa versión sen gas como con gas. O director do Negocio de Augas de Hijos de Rivera, Álvaro García de Quevedo, sinala que “a aposta da compañía polo negocio de augas nos últimos anos se materializou tanto en importantes investimentos para conseguir melloras nas instalacións industriais como en cambios de envases ou ampliacións de formatos que nos permiten dispoñer de maior flexibilidade para dar resposta ás demandas do mercado”. Ademais, se xeraron sinerxias con outros mananciais do grupo empresarial como Auga de Cuevas (en Felechosa, Asturias) ou Fontarel (en Loja, Granada).

Fútbol

Entre as propostas máis exitosas da marca dos últimos anos está a súa vinculación co fútbol a través dos principais equipos galegos ou da Selección Española como auga oficial, o que contribuiu ao despegue de Cabreiroá no mercado de augas do país, que se verá reforzado acompañando ao equipo nacional en grandes eventos como o próximo Mundial de Rusia.

Ademais, a compañía puxo en marcha orixinais campañas publicitarias televisivas, se asociou a licencias infantís como Superwings e apostou por rechamantes deseños nas súas etiquetas, como é o caso de Mundopiruu.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)