Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os riscos da expatriación e repatriación de traballadores



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE ABRIL DE 2018 · (0)



Pedro Ortiz, médico en SOS International, Javier Mollá, director xeral de Seguridade en International SOS, e Andrés Pedreira, xerente de Pixeling, lembran que cómpre ter en conta a orixe do profesional, o destino, o momento no que se vai a desprazar e onde. O empresario ten que protexer aos empregados desprazados.


Xa existe xurisprudencia ao respecto: unha sentenza dun xulgado de Barcelona condenou a unha ONG para pagar a un traballador desprazado en India onde contraeu o dengue por segunda vez con graves secuelas. Malia que a actuación en canto a prevención de riscos laborais foi a correcta, condenóuselle porque non fixo todo o que puido facer para evitar o dano.

O pasado 9 de abril a tribuna de Foro Inade acolleu unha sesión na que se analizou a xestión destes riscos nunha mesa redonda moderada polo director de Fundacion Inade, Adolfo Campos. Os relatores indicaron que a empresa debe pensar “máis aló das súas catro paredes”; é dicir, hai que pensar no escenario no que se desenvolve e é imprescindible dispoñer de políticas para protexer todo o que lle ocorre ao traballador. Por exemplo: Tunes, que contaba cun nivel bastante respectable desde o punto de vista médico converteuse nun lugar perigoso, por mor das revoltas populares.

Javier Mollá explicou que todo empresario ten un deber legal co traballador. Por iso, o duty of care (deber de protección) é vehículo máis eficaz e rendible para xestionar os riscos de expatriados. Pedro Ortiz resaltou que anualmente International SOS elabora un mapa de riscos a nivel mundial para axudar ás empresas. Para Mollá “a complexidade do mundo no que vivimos con catástrofes naturais, epidemias, revoltas locais e ataques terroristas fai que as empresas deban coñecercomo os riscos de seguridade afectan á súa compañía, empregados e colaboradores e saber como estar preparados para unha emerxencia”.

O deber de protección está presente en diferentes corpos legais e en canto ás medidas para controlar o risco sanitario, Mollá incidiu expresamente nas políticas de organización, formación, vacinacións medicina do traballo e o apoio a través de comunicacións e servizos, así como un programa de seguros. Andrés Pedreira denuncia que os empresarios aseguran que os corredores de seguros, polo xeral, non prestan solucións para os riscos de expatriación “o que resulta estraño tendo en conta que cada vez somos máis as empresas que afrontamos proxectos de internacionalización”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)