Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A primeira visita ao odontopediatra débese facer ao cumprir un ano



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE ABRIL DE 2018 · (0)



Os especialistas galegos así o recomendan, é un mito o de que non importa coidar os dentes de leite. Que se fai nesa temperá visita? os pais reciben información para unha boa saúde oral dos fillos e resolven dúbidas. Ademais revísase o crecemento do maxilar e da mandíbula, a boa erupción dos dentes, e desbótase que haxa caries.


“Consideramos unha etapa preventiva dos 0 aos 3 anos -explica a odontopediatra Alba Castañé, presidenta da asociación Compromiso e Seguridade Dental- e, se non se presenta ningún problema, recoméndase unha revisión anual. A partir dos 3 anos os nenos adoitan ter todos os dentes e débese insistir en mellorar a hixiene. A partir dos 5 anos, durante o período de recambio dentario, as revisións recoméndanse cada 6 meses”. Pero a medida que van crecendo poden realizarse unha vez ao ano.

Estas visitas serven para valorar os factores de risco de cada neno, para dar as pautas necesarias e programar as revisións. “Unha boa saúde nos dentes temporais -sinala Alba Castañé- axuda a previr problemas durante a vida adulta. Os dentes de leite manteñen o espazo dos definitivos, por iso é importante previr e tratar as caries dos dentes temporais, é un mito pensar que como se van a caer non debemos coidalos, os de leite son moi importantes aínda que só duren uns anos”.

Especializados nos pequenos

Os odontopediatras traballan nos coidados preventivos e curativos dos rapaces dende a infancia máis temperá ata finalizar o crecemento. As revisións e tratamentos  adáptanse á conduta e á idade de cada quen, xa que son diferentes. “O noso obxectivo -indica Alba - é que a visita ao dentista sexa unha boa experiencia, que os nenos se sentan cómodos e que afáganse a realizar as revisións desde os seus primeiros anos de vida”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)