Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As avogadas están decididas a influír nas novas normativas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE ABRIL DE 2018 · (0)



O XXIX Congreso de Mulleres Avogadas, que se desenvolveu dende o venres na USC, rematou onte reclamando a prohibición universal da maternidade subrogada e máis recursos para os xulgados en materia de custodio compartida.


Reunidas en Santiago de Compostela durante tres días, un centenar de avogadas vidas de toda España debatiron e consensuaron propostas en materia de custodia compartida, novos modelos de familia, maternidade subrogada, brecha salarial e subtracción de menores. Todos asuntos que, en maior ou menor medida, están no corazón da evolución xurídica actual e que afectan de maneira directa ás mulleres. As profesionais consideran que os cambios sociais, as novas formas de familia, a custodia compartida ou a maternidade fan necesario unha continua reflexión destinada a influír nas normativas que regulen estes cambios.

Entre as moitas propostas técnicas que se fixeron no XXIX Congreso de Mulleres Avogadas, as asistentes coinciden en que a necesidade máis urxente é que se dote de presupostos aos xulgados para axilizar os informes psico-sociais. Estes informes son os utilizados para outorgar ou non a custodia compartida e os tempos de espera poden chegar ao ano. Tamén consideran que estes informes, realizados por psicólogos e traballadores sociais, non deben ser o único criterio para decidir sobre unha custodia compartida.

En canto á maternidade subrogada, o grupo de traballo sobre esta materia concluiu que non se debe permitir a mercantilización da vida. Neste sentido, propoñen non regular a maternidade de aluguer porque choca coa liberdade das mulleres sobre o control do seu corpo ao xestar un ser humano para outra persoa. Así, consideran que cómpre unha prohibición universal da xestación por substitución. Ademais, as congresistas cren necesario sancionar ás axencias intermediarias e prohibir a súa publicidade.

Respecto aos novos modelos de familia, as asistentes ao congreso constatan a enorme diversidade que a evolución económica e social está producindo, e avogan por utilizar un concepto de familia neutro.

Brecha salarial

En materia de brecha salarial, a maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Teresa Conde Pumpido, e a socia de Executivas e experta en dereito laboral Sandra Cid insistien en que a discriminación salarial é o paradigma da desigualdade. Ambas fixeron fincapé na necesidade de traballar sobre a responsabilidade das empresas, aínda que recoñecen que o carácter pequeno destas dificulta a tarefa.

A situación social actual en canto a inmigración e mobilidade das persoas ten como consecuencia, tal como se constatou no congreso, que a subtracción de menores se incremente no futuro. Neste sentido, as xuristas consideran que é fundamental saber que normativa aplicar, e un dos criterios fundamentais que o vai determinar é a residencia habitual dos menores afectados.

A pesar dos tres días de intenso traballo, as asistentes ao Congreso de Avogadas pioderon visitar a Catedral de Santiago e a Cidade da Cultura. Tamén houbo tempo durante a clausura para o recoñecemento da xeración de mozas xuristas que asistiron a este encontro. Raquel, unha moza avogada, leu un emotivo poema no que agradecía o traballo das súas compañeiras maiores.

O Congreso de Mulleres Avogadas lévasese a cabo dende hai 29 anos de maneira itinerante por todo o territorio nacional. Aínda que non está decidido onde será a próxima edición, a presidenta do congreso galego, Diana Otero, animou ás avogadas canarias e malagueñas a tomar a testemuña.

Ao acto de clausura na imaxeasistiron a valedora do pobo, Milagros Otero; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, entidad colaboradora do congreso.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)