Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A chantadina Daveiga presenta as súas galletas mariñeiras na feira Alimentaria de Barcelona



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE ABRIL DE 2018 · (0)



O pan sen miga viaxa a este salón de alimentación, bebidas e gastronomía, que se celebra ata o xoves, para amosar a súa produción, a súa nova imaxe e a súa nova la de produtos, xunto a máis de 4.500 firmas.


A nova imaxe do pan de barco de Daveiga pon a un mariñeiro para reforzar o valor e a historia deste produto tradicional. Ademais, a compañía galega leva ás terras catalás as súas novas referencias de produtos Natural (espelta, lino) e Bio (integral, sementes de chia, espelta e quinoa), así como a súa nova liña de produtos biolóxicos (Mariñeiras Bio), cuxa produción está certificada polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).

Durante a feira, o cociñeiro e profesor do FP de Cociña do IES Lagoa Antela de Xinzo de Limia, Martín Álvarez, elaborará varias recetas coas mariñeiras, entre as que destacan as preparadas con ortigas. Amosará as diferentes formas de consumir este pan de longa duración e invitará aos asistentes a degustar as súas elaboracións.

A empresa galega vén de situarse no ranking FT1000 Europe’s Fastest Growing Companies 2018 entre as entidades que máis medran de Europa e que máis elevaron o seu negocio entre 2013 e 2016. Este estudo analiza a evolución de ingresos de empresas de 31 países europeos e entre elas atópase este selo chantadino.

Daveiga, cunha traxectoria de máis de 10 anos no mercado, acumula unha alza de vendas do 324% no período 2013-2016 e continúa apostando pola utilización de materias primas naturais, un produto saudable e de calidade. É de destacar a súa vocación por internacionalizar o produto, xa que a exportación das mariñeiras supón máis do 40% da súa facturación.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)