Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As oportunidades de negocio para o sector galego da saúde en Estonia e Israel



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE MAIO DE 2018 · (0)



Estonia está recoñecida como a nación dixital máis avanzada do mundo e Israel é coñecida como start-up nation pola alta concentración de empresas tecnolóxicas, só por detrás de Silicon Valley. Destes países falouse nunha interesante xornada organizada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo onte á tarde en Bouzas.


A delegada do Estado da Zona Franca, Teresa Pedrosa, destaca que “son mercados pequenos, e é precisamente este aspecto o que lles confire o interese:  evidéncianse sinerxias para abordar conxuntamente outros de maior magnitude e de difícil acceso como China, India ou os países do Norte e Leste de Europa”.

As intervencións principais da xornada foron as de Haim Gil-Ad de Israel e Piret Hirv de Estonia.

Haim Gil-Ad é co-fundador e director xeral de NovellusDx, centrada en ofrecer información clínica que permite aos profesionais de oncoloxía tratar cada cancro de xieto preciso. Foi dúas veces Premio Nacional de Calidade de Israel. Na súa intervención destacou que Israel quere ser dos maiores hubs tecnolóxicos do mundo, incluído o de Ciencias da Vida: o país conta con máis de 1.400 empresas neste sector e a súa evolución foi moi importante. Este desenvolvemento explícase polo apoio financeiro do Goberno, a calidade das institucións académicas, a investigación e que é o primeiro país en investimento de I+D do mundo en termos de PIB, un 4,2%. Este enfoque e o crecemento esperado do sector saúde deixan entrever oportunidades de negocio para empresas estranxeiras.

En canto a Piret Hirv, é Health Tech Manager do Parque Tecnolóxico de Tallin, Technopol, e foi asesora de e-Services e innovación no Ministerio de Asuntos Sociais do seu país. Piret sinalou que Estonia ofrece moitos servizos públicos dixitais organizados baixo o sistema X- Road. “Baséase na comunicación e interoperabilidade de cada un destes servizos públicos, compartindo datos a nivel nacional e transnacional coas veciñas Finlandia, Letonia e Lituania”. A liña de apertura internacional atópase na cooperación e no asesoramento para a dixitalización de países en proceso de reforma do seu sistema nacional da saúde. Por iso identificou un gran potencial de cooperación internacional entre empresas galegas e estonas.

Dúas novas guías

Tamén presentáronse dúas guías de oportunidades de negocio en Estonia e Israel para o sector saúde elaboradas por Zona Franca en colaboración co Clúster Saúde de Galicia CSG. Guías que explican o éxito das empresas deste sector nestes dous estados por unha forza laboral fortemente formada, un alto grao de colaboración entre empresas e o sector investigador, o I+D, o investimento público-privado e unha vocación global das empresas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)