Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Ferrolterra anima aos seus mozos a emprender cun ‘minimarket’



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE MAIO DE 2018 · (0)



AJE Ferrolterra celebra este venres, no Auditorio de Caranza, o V Ferrolterra Emprende Xove, un concurso en formato de feira dirixido a estudantes de ESO e FP da comarca, co que pretende fomentar a iniciativa emprendedora entre eles.


Nesta edición participan 11 centros educativos (IES Concepción Arenal, IES Sofia Casanova, Compañía de María, IES Mugardos, IES Ortigueira, Ayala, Cristo Rey, Mercedarias, A Xunqueira Fene, IES Fernando Esquio e Rodolfo Ucha), que suman is de 150 alumnos, con medio cento de proxectos en total. Cada un deles disporá dun pequeno stand no hall do Auditorio para expoñer a súa proposta de proxecto empresarial coa que concorren a esta convocatoria.

A minifeira abrirá as súas portas ás 18.00 horas e o acceso é libre para que todos os interesados poidan coñecer de preto cada unha das iniciativas e voten pola que máis lles guste. A organización previu a entrega de recoñecementos aos proyectos máis destacados, que serán avaliados polo público e por un xurado composto pola directiva de AJE Ferrolterra e representantes das institucións colaboradoras. Á entrega de premios, que se fará arredor das 20.30 hora, asistirá o presidente da patronal xuvenil, Luís González Rey, e outras autoridades locais.

O minimarket pon o punto final a un proceso de preparación que se desenvolveu durante todo o curso escolar, no que os estudantes tiveron ocasión de participar en talleres promovidos dende AJE e impartidos por profesionais co obxectivo de desenvolver facultades como a capacidade de xestión, a autoestima, a creatividade, as habilidades sociais e persoais ou o traballo en equipo. Ao mesmo tempo tiveron oportunidade de coñecer a experiencia de emprendedores da zona con proxectos xa en marcha.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)