Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Coas persoas e o medio ambiente



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE MAIO DE 2018 · (0)



A Reina Letizia entregou hoxe en Santiago as Medallas de Ouro da Cruz Vermella ao compromiso social e ao labor solidario durante a celebración do Día Mundial desta institución que ten como lema: “Comprometidos coas persoas e o medio ambiente”.


No acto, no que se conmemora o aniversario do nacemento do fundador da Cruz Vermella, Henry Dunant, participaron o presidente de Cruz Vermella Española, Javier Senent, e os presidentes da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, así como o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva.

No transcurso do acto, Cruz Vermella distinguiu coa súa Medalla de Ouro a nove personalidades, institucións e empresas, que destacaron durante o último ano polo seu esforzo, solidariedade e compromiso co medio ambiente:

  • Empresa de moda sostible con materiais reciclados, Ecoalf.
  • A Fundación Ecoloxía e Desenvolvemento, Ecodes.
  • Programa de educación medioambiental “Voz Natura” de “La Voz de Galicia”.
  • Fundación Biodiversidade.
  • Ás científicas Uxía López, Alicia Pérez-Porro, Ana Payo e Alexandra Dubini, participantes na iniciativa Homeward Bound Project.
  • A Cruz Vermella Etíope.

En relación co lema escollido, o presidente de Cruz Vermella Española resaltou que “este ano quixemos reflexionar sobre o moito que significa o deterioro da contorna ambiental para as persoas que viven en situación de vulnerabilidade”, un colectivo moi numeroso que ve “agravada a súa situación de precariedade e dificultade a consecuencia dun medio ambiente degradado”. Por esta razón, dende a institución que preside lanzou un “chamamento contra o cambio climático e a pobreza enerxética”, para o que incorporaron unha serie de medidas concretas, co obxectivo de “minimizar as consecuencias do deterioro medioambiental e contribuír á súa recuperación e protección”.

Pola súa banda, baixo o lema En todas partes, para todos”, o Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella lembra como cada ano chega en todo o mundo a millóns de persoas afectadas por conflitos, desastres naturais e crises a través da súa rede humanitaria, presente en 190 países e formada por 14 millóns de persoas voluntarias. Baixo o hashtag #Entodaspartesparatodos, comparte aqueles motivos que che empurran a sorrir cada día e a traballar para cambiar o mundo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)