Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Case un terzo das pemes galegas investirá en pagos móbiles este ano



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE MAIO DE 2018 · (0)



Segundo un informe de UniversalPay, o 90% dos negocios en Galicia cre que o diñeiro en efectivo desaparecerá e a maior parte das transaccións se realizará con aplicacións móbiles.

Ademais do investimento en aplicacións para pagos móbiles, o 20% das empresas de Galicia aposta pola optimización dos seus TPV físicos para mellorar os pagos con tarxeta. A implementación dos pagos online e os pagos sen contacto tamén é prioritaria para as pemes galegas, xa que dúa de cada dez empresas prevén investir nestes métodos ao longo de 2018 e, incluso, un 10% dos comercios planea investir en páxinas optimizadas para móbiles.

Estamos á cabeza de Europa no uso de smartphones e, por ende, das tecnoloxías móbiles e sen contacto, o que está provocando un proceso de conversión no mundo dos pagamentos, dixitalizándoos pouco a pouco, nunha evolución sen retorno”. Así o asegura Pablo Nebreda, director de marketing de UniversalPay, con motivo da próxima presentación do informe completo durante a celebración de Impulsando a túa Empresa, un encontro que terá lugar mañá en Vigo.

Neste sentido, nove de cada dez comercios galegos consideran que a sociedade evoluciona cara un sistema de pagos sen diñeiro en efectivo. Deles, o 60% cre que chegaremos a ela nun futuro próximo e o 10% considera, incluso, que xa vivimos nela. De feito, de cara a 2020, o 60% dos comercios de Galicia cre que os pagamentos se realizarán a través de appsbiles e o 20% con contactless. Un 10% cre, ademais, que as transaccións máis populares se farán a través de carteiras dixitais.

Esta evolución cara un sistema de pagos dixitais vai en paralelo cos hábitos dos consumidores, xa que o ticket medio dos pagamentos con tarxeta na comunidade revela un cambio de costumes entre os compradores, que comezan a pagar con plástico cantidades de diñeiro cada vez máis pequenas. Tal e como destaca o informe, o 20% das transaccións realizadas xa oscilan entre un e dez euros de gasto. Pola súa banda, o 40% das operacións con tarxeta sitúase entre os 11 e os 50 euros e o 30% rexistran un ticket medio de entre 51 e 100 euros. Só un 10% das transaccións realizadas superan os 500 euros por operación.

Métodos de pago

A mostra destaca ademais que, ante este impulso dos pagos dixitais, case a metade dos comercios aposta pola innovación en métodos de pagamento e o 80% deles cre que adecuar o servizo de pagos ás necesidades do consumidor incrementa a lealtade do cliente e mellora a experiencia de usuario. Proba diso é que oito de cada dez empresas teñen en conta a demanda do cliente para investir en novos métodos de pago, seguido pola tecnoloxía implementada polos seus competidores directos (60%) e polos cambios na lexislación (30%).

Ademais, o informe también posiciona a Galicia como unha das comunidades autónomas is seguras en canto a fraude dixital. Segundo esta enquisa, o 80% dos comercios galegos non rexistrou perdas por este motivo o pasado ano, fronte ao 62% das pemes do resto de España.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)