Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Lezo, en Vigo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE MAIO DE 2018 · (0)



Blas de Lezo -alcumado o “Medio Home”, porque aos 25 era collo, chosco e manco- salvou a cara do España ao derrotar ao exército inglés en Cartaxena de Indias en 1741 con moitas menos opcións de gañar. "O Tinglado" do Porto de Vigo acolle, do 21 de maio ao 15 de xuño, unha exposición para redescubrir a unha persoaxe única.


A mostra  narra un dos episodios máis importantes da historia de España, cuxas consecuencias foron fundamentais para a supervivencia do Imperio e epara a composición da xeografía mundial. Cadros e deseños de barcos do XVIII, a maqueta do navío Galicia, restos arqueolóxicos, armas, mapas e planos orixinais, completan unha exposición con máis de 100 pezas.

Blas de Lezo e Olavarrieta, un dos estrategos máis importante da Armada Española, foi quen de facer fronte e gañar á frota inglesa baixo o mando do Almirante Edward Vernon: 139 naves e 23.600 homes mentres que de Lezo só contaba con 6 barcos e 2.800 homes. Segundo explicou hoxe en rolda de prensa o Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, o Porto recolle unha petición do Comandante Naval de Vigo, Carlos Cárdenas. “Unha nación non se perde porque uns atáquena senón porque quen a ama non a defende", afirma Cárdenas, "por iso debemos manter vivo o recordo de personaxes como Blas de Lezo unha sociedade sen historia convértese nunha masa manipulable”.

A exposición neste novo espaxo portuario abrirase o 21 de maio pero a inauguración terá lugar o 23 ás 12.00. O acceso é  gratuíto e permanecerá aberta de 17.00 a 22.00 de luns a venres coa posibilidade de visitas guiadas para os colexios . O día 24 haberá unha conferencia sobre a “Historia da aviación naval… Un soño feito realidade”, no Auditorio do Reitorado parte dos actos programados con motivo da Semana das Forzas Armadas.

Que haberá

A mostra comeza cun panel onde explícase a extensión do Imperio Español acompañado dun mapamundi coas posesións no século XVI e a reprodución dun retrato de Felipe II. Hai tres bloques de paneis descritivos onde se narra, de forma cronolóxica, que foi a Guerra do Asento, o Asedio a Cartaxena de Indias e a vida de Blas de  Lezo. Os paneis descritivos comparten espazo xunto a catro dioramas que informan dos acontecementos ocorridos en cada episodio. Outros paneis narran a batalla de  Velez-Málaga, onde o militar perdeu aperna en plena Guerra de Sucesión Española, cando os británicos tomaron Xibraltar.

A Armada Española tamén ten un apartado dentro desta mostra: é no século XVIII onde comeza a refundación e a exposición mostra algúns dos artífices. Hai 47 cadros, aínda que cabe destacar o óleo pintado para esta mostra por Augusto Ferrer-Dalmau, 5 esculturas e facsímiles do século XV ao XVIII.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)