Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Non é (só) un xogo de nenos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE MAIO DE 2018 · (0)



Moitos membros da Unión Internacional de Arquitectos especializados en infancia chegados de China, Hawai ou Xapón celebran unha das súas sesións anuais no marco de Ludantia, a I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade que inagurouse está mañá en Pontevedra.


Os encontros celebraranse no Pazo da Cultura de Pontevedra ata o sábado 12, aínda que algunhas actividades continuarán ata o 17 de xuño. Nesta primeira edición participan máis de 190 profesionais de 29 países diferentes de Europa, Asia e América, e hoxe é un día de conferencias con expertos de Colombia, Chile, Finlandia e Italia, seminarios e exposicións.

É un evento aberto a centros educativos, profesionais da educación, artistas, organizacións e persoas de todo o mundo interesados na educación da arquitectura e territorio.

O programa comezou co prestixioso pedagogo italiano Francesco Tonucci, que mantivo un diálogo co alcalde pontevedrés Miguel Anxo Fernández Lores. No encontro destacaron o labor da cidade como exemplo de relación amable coa infancia e seguidora do modelo urbano proposto por Tonucci. O italiano explicou que nenos e nenas pasan bosa parte do día –colexio, deberes, actividades deportivas, artísticas ou clases de idiomas– en espazos interiores baixo o control de adultos.  “A experiencia do fóra está practicamente desaparecida e a perda da autonomía de movemento impide o xogo, que é a actividade máis importante para o desenvolvemento cognitivo e social”.  

Segundo o pedagogo, esta perda provoca que os rapaces non descargan a enerxía física necesaria, condicións favorables para a obesidade e trastornos de atención, ademais de bullying, o consumo precoz de alcool e estupefacientes e ata o suicidio xuvenil. “É necesario devolver aos nenos a posibilidade de saír sós para xogar xuntos. Unha cidade é boa cando, antes de preocuparse en crear un sistema eficiente de transporte público, se centra en crear as mellores condicións para que cada cidadán se mova a pé ou en bicicleta”.

31 espazos construídos en Colombia

O tema desta primeira Bienal é "Habitar desde o lúdico: do patio escolar á cidade como taboeiro de xogo", con Colombia como país invitado. Olga Lucía Olaya, unha das mellores especialistas en educación de arte para a infancia no país sudamericán analiza 31 espazos construídos para eles no seu país.

O COAG está detrás da organización coa Xunta, a Deputación de Pontevedra e Concello da vila. O decano do COAG, Antonio Maroño; a presidenta da Deputación, Carmela Silva; a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato; e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, estiveron na apertura na que Maroño agradeceu o esforzo do comité organizador e de todas as persoas involucradas. “O esforzo de traballar cos máis pequenos é o esforzo de traballar facendo futuro”, dixo Maroño, que tamén lembrou que que debe ser un esforzo sostido polas Administracións.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)